NOVO COCHE PARA JUANX

 

Como xa puidéstedes ler nas noticias deste mésmo númaro, Juanx do Violo por fin se desfixo da súa Trampa Rallye, tendo agora que comprar un novo automobil.

Jorge do Reguengo, por suposto, díxolle que comprara un 124, Carlos de Morapio que comprara un Mini (coche dos soños de Juanx), e Luis “pirilla diabólica” deulle dúas opcións: unha comprar 4 GT Turbo’s e ir cambiando de coche según os fose chapeando, e outra alquilar un bon prado e comprar unha pila de coches dados de baixa para facer ben o túzaro.

Pero ó final vai facer o que fai todo o mundo e vai comprar un “turismo con aspiracións semi-deportivas”, e está dudando entre 3:

-Citroën ZX 16V (167cv)

-Peugeot 306 GTI (6 marchas 167cv)

-Honda Civic 16 VTI VTEC (1600cc 160cv)

 

O que nos gustaría dende esta páxina é que mandases un e-mail indicando cal dos tres queres que compre (o que máis votos leve está obrigado a compralo). Tamén podes votar por calquer outro modelo, a ser posible que leve máis de 2 anos en producción xa que o vai comprar usado.

Moitas gracias pola túa colaboración!!!

 

A Redacción de Pistón Bermello

Hosted by www.Geocities.ws

1