SEAT
LEÓN TDI (GASÓLEO C)
Hola queridos
internautas:
A redacción de Pistón Bermello encargoume a
elaboración dun artículo para este segundo exemplar, pero teño que
recoñecer que nun principio non aceptei dita proposición xa que non atopaba
ningún tema de que falar, pero ó final, un sábado que estabamos no Bar Torques
en Ribadeo acabando o noso último tanqueirado de Martini e esperando a que
Frenando Morapio acabara de varrer o local, surxiume unha idea o estar
escoitando a Argimiro, un dos camareros, como chufaba a súa nova adquisición,
un Seat Leon TDI:
-“Oiches Argemiro,
¿deixaríasnos probar o coche para Pistón Bermello?”.
-“Por suposto, e ides
quedar flipados” (sin comentarios sobre as nosas caras).
Antes de comenza-la proba véxome na obriga de facer
tres matizacións sobre a nova
compra de Argimiro: primeiro decir que cambiou o
seu Fiat Uno, que aínda que era un coche un pouco trampa polo menos era
gasolina e non unha caldeira de calefacción; segundo, que cando nos levaba no
Fiat a Jorge e a min dende o Torques ata o Muiño, sempre o íbamos azotando e el
esgallaba como un autentico campeón, e agora por muito que o animemos, nada,
que o coche é novo, que hai que
suavizalo... ¡¡¡vaia noxo!!! E por último, e esto vale para todos estos coches
de gasoil e inxección directa, dos cales decir que non consumen é unha
auténtica mentira, xa que se vas por autovía dando “caña” (aínda que dar caña
nun diesel é unha utopía, deixaremolo en que vas a velocidades un pouco
elevadas) beben casi tanto como nós un sábado pola noite, e decir que o noso
consumo é similar ó dun Mitsubishi Lancer evo VI, polo que actualmente e co
precio que ten o gasoil non compensa para nada comprar un destes coches.
Chegado o día en cuestión acompañáronme os dous
redactores de Pistón Bermello, pero temos que
decir que a Luis “Pirilla Diabólica” Miranda levámolo enganado xa que lle
dixemos que ía probar un Seat León 1.8 20 VT Sport de 180 cv (un turismos con
aspiracións semi-deportivas bastante interesante) e cando chegamos alí e viu que
era un TDI negouse rotundamente a probalo, de feito tivemos que agarralo entre
todos xa que quería prenderlle lume alí mismo... Eu tamén declinei a oferta
polo que foi Jorge do Reguengo o piloto probador e estas foron as súas
conclusións nada mais baixarse: “Mal, mal, moi mal... eu quería levalo igual
que levo o meu 124 e neste, exprimo primeira e ¡tras! corte, segunda, ¡corte!,
terceira ¡outra vez corte, vaia merda non vale para nada! Despois había una
paella en subida e eu, claro, baixei unha marcha e metinlle unha cucharada e...
¡pasou todo recto, nin se moveu, esto non é espectáculo nin nada! Cando din a
volta e ía chegar de novo á paella, agora en baixada, e vendo que a base de
cucharadas non hai nada que facer, intentei balancealo e tiralo de freno de
man... ¡sobre railes, non derrapou nada, claro con tanta mamarrachada de ABS e
control de tracción que se podía esperar. Ademais a caixa de cambios é
demasiado lenta (é moito máis rápida a miña Juncolotti) e os frenos teñen un
tacto de pedal moi esponxoso e fatíganse con moita facilidade”.
-“Entón Jorge, ¿non
houbo nada que che gustara do coche?
-“Bueno hai que
recoñecer que o equipo de música non está mal, home, nunca gañaría nunha
concentración Maxi Tunning pero “peta” bastante, e mentras fun pilotando permitiume escoitar o meu CD dos Túzaros, o
cal me animaba a darlle zapato, pero como xa dixen o coche non se presta para
estes menesteres: polo menos, xa que non hai cabalos, música.
Con esto remata a nosa proba, temos que
agradecerlle a Argimiro que nos cedera o seu “coche” (agora vamos poñelo entre
comillas), aínda que quedou algo decepcionado cos comentarios feitos polo
piloto, e decirlle a Victor que deixe de insistir que non imos probar o seu 406
a gasóleo C, enxendros deste tipo procuraremos mantelos o máis alonxados
posible de nós.
¡¡Ah!!, xa non me lembraba, se vos
pasades un día por Ribadeo e queredes tomar un auténtico tanqueirado de Martini
acercádebos polo Bar Torques, pero ollo, si vos poñedes a falar de
automobilismo a ver que posturas defendeis, espero que aprenderais algo nesta
páxina.


Nota do autor: quixera
facer un pequeno apunte que sobre a miña persoa aparece no artículo “As grandes
mentiras (que pretenden que creamos” de Ivao da Carroexcola, aparecido neste
mismo exemplar de Pistón Bermello. Dicir que
entre os meus coches non hai ningún con motor diesel e o VW “trampa” vouno
cambiar por outro gasolina, en cambio o autor conta entre as súas pertenencias
cunha caldeira de calefacción, e encima italiana. Sin comentarios.