AS GRANDES MENTIRAS (QUE PRETENDEN QUE CREAMOS)
-Os motores
diesel.
Ampliamente comentados (e lóxicamente
criticados) en diversas seccións deste fanzine. Non por esto imos deixar de
intentar despertar á sociedade (aínda que realmente non sabemos pa que). Non
imos expoñer unha vez máis a brillante teoría de “Pirilla Diabólica” de que a
única utilidade do gasoil e pras calefaccións (aínda que aproveitamos para
citala e alabala), o que queremos criticar agora e o complot judeomasónico (vai
por ti Caudillo) as que nos están sometendo os publicistas aos aficionados do
automobilismo “de verdade”.
Xa é dabondo noxento que na televisión non
exista un programa que se adecúe á nosa máis fervente afición pra que ademais
haxa que ver anuncios, anuncios e máis anuncios alabando (vade retro satán)
motores (por chamarlle algo) diesel. Anuncios coma o do pícaro que quere mexar
e non pode ao non parar o pai (que era pouco matalo) a repostar debido ao
escaso consumo do seu “coche” ou o do tan anunciado VW Lupo que anuncia un
consumo de 3L ós 100 Km non fan senón ratificar esto que vimos proclamando.
Estos defensores do diesel, sempre coas súas cantinelas, non gasta, non gastan,
non gastan... ¡¡No!! o aceite e as rodas regálanas, ¡¡non te fode!! Si, pero
gastan máis os de gasolina ¡¡Pois que gasten, carallo!! mellor gastalo en
gasolina que nas putas (aínda que unha cousa non quita a outra).
En fin que pra defender os motores diesel
hai que ser dunha desta clases: si es fato ou es Juanx do Violo. (Incluso
conócese unha persoa que incurre nas dúas).
-Os coches canto
máis grandes, mellor. ¡¡Arre carallo!!
Necedad tan ridícula, fíxonos
pensar aos redactores de Pistón Bermello se
merecía a pena gastar unhas liñas en criticala, finalmente (e tras rirnos
muito) decidimos facelo de xeito breve e cunha orixinal comparativa:
|
|
||
|
-- |
MEDIDAS |
-- |
|
Un suspiro |
0/100 KM/H |
Un mundo |
|
Vai como un
sputnik |
CONDUCCIÓN URBANA |
Non fai senón
molestar |
|
O indiscutible
número 1 |
CARRETERA VIRADA |
Ten que maniobra
pa dar as curvas |
|
¿E para que as
queres? (en recto acelera calquera) |
AUTOPISTA |
Os dueños non os
suelen pasar de 120 Km/h (¡como si deran muito máis!) |
|
A freno de man
colle en calquera sitio |
APARCAMIENTO |
Faille falta un
campo de fútbol |
|
1.750.000
Pts novo (250.000
aprox. de 2ª man) |
PRECIO |
8.200.000 Pts |
|
¿Aínda che fai
falta preguntar? |
CONCLUSIÓN |
Entonces comprate
o Audi |
-Na conducción,
confort e seguridade.
“Se quero confort deitome no sillón da
casa” (Pirilla dixit), pois eso. A sociedade consumista e capitalista impulsada
polo seu afán (digámolo claro) de toca-lo carallo fan que a xente faga
auténticas tonterías no seu coche: asientos de coiro (onde te un bon baqué
envolvente...), dirección asistida (si, oh!! e ponlle un pomo ó volante),
controles de tracción (e pra que quererán un coche si non poden atravesalo),
autolimitadores de velocidade (que inxustiza ter un M3 e non poder pasar de
250), apoiavasos (se foran apoialitronas), reloj (a ver se aprenden e poñen
cronómetro), económetro (eso pra os diesel, ás personas que carallo nos importa
o consumo), retrovisores regulados electricamente (e se chos tronzan valen
10.000 pesos), radiocassetes con cargadores de CD’s (o que hai que oír é o motor
a 8000 rpm, iso si é música).
En conclusión nin ABS,
nin RDS, nin ESP...
FED e FAF (Fé en Dios e ferro a fondo).
Ivao da Carroexcola