SOBREDOSIS CLÁSICA

Como todas a cousas que facemos, facémolas tarde, mal e arrastro. Catro individuos repartidos ó chou polas 4 puntas de Galicia acordamos improvisar un viaxe ó Retromóbil de Madrid. Un dos principais problemas que xurdiu foi o do desprazamento:

A primeira opción foi aportada por "Correcaminos" Belén, e era ir a pé, pero como temos o coeficiente intelectual suficiente como para incorporarnos ó exército profesional, esta opción foi desestimada (aparte de que non tiñamos uns tenis como é debido).

A segunda opción foi ir en tren, pero o regreso era perigoso, harto dificil, caro e levábanos o día enteiro.

A terceira foi o bus, pero como non tiñamos pitas non o podiamos parar no medio da carretera e seguro que non nos deixaban falar co chofer, tampouco nos decidimos por esta opción.

Finalmente A TESA chamounos á casa para ofrecernos un Llundai (conduce una gran marca) a parte dunhas canetradas de chourizos e unhas barras de pan.

Jorge desprazouse aa Lugo dende A Pontenova (tivo que roubar unha pita para poder subir ó autobús) e estivo toda a tarde rallanteando á nai dos Morapios. Unha vez en Lugo, Jorge e Frenando Morapio saíron por Lugo e enchéronse coma burras (aínda que, en honor á verdade, ningún dos dous poden confirmar este extremo, pois non se acordan de nada).

Carlos Morapio desprazouse dende Vigo ata Santiago (secuestrou un VITRASA para poder chegar a tempo). Ó contrario que os dous individuos que se atopaban en Lugo, Carlos e o "Señor X" (que estaban en Santiago) non sairon esa noite pois tiñan que estar en perfectas condicións para conducir.

Visto que non cumplían as condicións requeridas por Pistón Bermello (debe conducir o que vaia máis borracho), ó chegar a Lugo tomou so mandos do coche Frenando Morapio, como axudante leva a Jorge do Regüengo, que lle tiraba do freo de man cando lle parecía, mentres Frenando o azotaba.

Tomamos a determinación de que, para non chapear, Jorge debería levar a gafas postas e ir de 4º Morado, tamén para non cansarnos deberíamos cambiarnos ó volante cada 50 Km. En teoría só podía conducir Carlos Morapio pero, dada a benevolencia de A TESA, conducimos todos

O coche, para ser inxección, non ía mal de todo. Quizáis, se temos que poñerlle algunha pega, dicir que a suspensión era de muelle-boli (e senón que lle pregunten a Frenando pola espantada que lle deu á entrada dunha curva). Isto foi debido ós reglaxes de suspensión de NEVE, xa que a unidade que levábamos era o muleto de Alister McRae do rali de Suecia 2000, matrícula de Barcelona. (A casualidade quixo que o Retromóbi coincidira co partido Barça-Madrid e que nós levábamos un coche matrícula de Barcelona. Algo do que no s enteramos 5 minutos antes de sair dada a nosa fervorosa afición ó balonpé)

En conexión co dito anteriormente, destacar que na autovía atopámonos cun par de autobuses da "peña madrilista de Quiroga" e da "peña Madrilista de Ribadeo", como non podía ser doutro xeito, Frenando Morapio e Jorge do Regüengo enpezaron a picar ós do autobús sinalando á matrícula do noso coche, algo que non lles sentou moi ben.

Cando chegou a hora de comer a "Junta de Castilla-León", conocedora do noso viaxe, deciciu plantar un pino no medio da nada para que nos dese sombra.

Cuan Cid entrando en Zaragoza, Jorge decidiu facer as seguintes algueiradas:

        -Primeiro atronou a un  pobre vello que paseaba tranquilamente a base de aceleróns en vacío.

        -Despois, ó sair da estación de servicio na que paramos a repostar, saiu azotando no coche a ta o corte de inxección. (En 1ª chegaba ata 60 Km/h, en 2ª a 90, e en 3ª a 140 Km/h, en 4ª acabóusenos Castilla e non puidemos seguir estirando)

Dicir tamén en favor do coche  que, a misión do copiloto non era a de sintonizar a radio, pois non a puxemos en todo o camiño, senón  que a súa labor era a de asegurarse de que o piloto non achicaba EN NINGÚN MOMENTO o motor.

A medida que nos ibamos acercando á "gran urbe" empezamos a discutir sobre quen sería o infeliz que metería o coche naquela xungla. Decidiuse DEMOCRÁTICAMENTE (ó estilo Pinochet) que o afortunado sería Carlos Morapio.

Nin o máis optimista contaba con que entrara coma unha seda, pois ademáis de descoñecer as rúas, dicir tamén que só collera o coche unhas 8 veces desde que sacou o carnet.

Unha vez alí, démonos conta de que o máis interesante do salón estaba fóra. Alí estaba o Club Nacional Seat cieeentoveiiinticuatro milcuatrocieeeentos treinta y cieeentoveiiinticuatro Sport (leer con entonación de misa cantada). Nese momento tivemos a ocasión única de ver a Jorge do Regüengo babeando diante dun DDauto.

Unha vez dentro, vimos coches "muy bonitos" e "muy cuidados", ainda que non todos, (ver fotos, ou solicitar catálogo de fotos á dirección de Pistón Bermello). Compramos unha pila de Merchandising, ata que se acabou o bote (ver foto), etc... Pero o mellor aínda está por chegar. Resulta que, cando saímos, vimos ós soldados do exército de Mª Martillo na Casa de Campo. Cando xa os pasaramos e nos dispoñíamos s sair cara á M30 Carlos Morapio decidiu perderse para volver a pasar pola zona das "chicas" por 2ª vez na noite.

Xa de volta cara a casa, decidimos sair a Salamanca. (Estivemos nos 2 úncos pafetos anarquistas que hai en toda CASTILLA) Tiñamos pensado durmir no coche pero, como a noite era algo fría, seguimos viaxe sen pegar ollo.

Paramos tamén en Benavente a facerlle unha foto a un Seat cieeentoveiiinticuatro familiar (recordade a entonación), en Astorga, en Bembibre...

Ó chegar á Pontenova fomos ver a Carreira Chá ás pistas para comer as sobras, probounos o Llundai e enfadouse Alex: E SE SE ENFADOU QUE SE FODA, TENCHE DOUS TRABALLOS.

 

Posdata:

Se fuches capaz de chegar ata aquí lendo esta rayanteada e que tés ben pouo que facer, e se esperabas oir falar algo sobre clásicos fódete!!

Los cuatro magníficos

Hosted by www.Geocities.ws

1