Unha nova amenaza

 

Non descansan, Os inimigos dos automóbiles de competición de verdade posúen ilimitads armas. Esta vez, usan a do ecoloxismo. O tema ven da supresión da gasolina con plomo nos próximos anos nas estacións de servizo. Din que a gasolina con plomo contamina moito, e que hai que tender hacia os coches eléctricos. E eche verdá eso de que a ignorancia é atrevida. Estes mamelucos non se enteran de que o petróleo é unha FONTE DE ENERXÍA, e que non só usa para conseguir carburante, senón para obter enerxía en xeral. De feito, para obter carburante, tan só se usa unha mínima parte da producción de crudo. E, se os coches foran eléctricos, o que aumentaría sería o consumo de... petróleo. Así que, dende PISTÓN BERMELLO, apostamos por outra solución: a eliminación dos coches con combustible diesel. Se non recordo mal, cando estaba sacando o carné “años ha”, aprendín nos test (e digo test porque o libro non o lín) que os coches que máis contaminaban eran os diesel. Pouco máis hai que dicir. Ademáis dos innumerables defectos xa citados en PISTÓN BERMELLO (non andan, non fan ruido...) agora resulta que encima son os que máis contaminan. Está visto que o diesel é bon para as calefaccións, tretores e maquinaria industrial; pero nada máis. Que se vaian a comer limóns.

 

MORTE Ó DIESEL!!

LONGA VIDA Ó CARBURADOR

E A TRACCIÓN TRASEIRA!!

Jorge do Reguengo

Hosted by www.Geocities.ws

1