Cursos de conducción

 

O pasado 28 de Febreiro un redactor e un importante colaborador de Pistón Bermello acudiron á ineludible cita provocada pola existencia de un curso de conducción “segura” en Vigo. Para concretar máis diremos que os asistentes fumos o que escribe estas liñas, Pirilla diabólica, e Isaac-primo, que non ten nada que ver con este fanzine, aínda que está metido no allo ata o fondo.

En fin, o curso comezaba ás 8 da mañá, ben se nota que para o que nos interesa non nos queixamos de que é cedo. Ata as 11 e media da mañá tivemos unhas charlas sobre técnicas de conducción, situacións problemáticas, seguridade activa, pasiva... Vamos que che dicían que tés que facer cando o coche se che vai de costado ou de morro, en definitiva, como controlar esas situacións que fan que o automobilismo teña sentido e ás que todos estamos máis que acostumados. Gran risa me produxo o comentario dun palleirán que dixo que a él se lle fora o coche muito “unha” vez, e todos se quedaron asombrados, ai que joderse!!! Isto demostrou que a maioría da xente foi ó curso para realmente aprender a non asustarse cando o coche che fai unha espantada.

Tras un breve receso fumos á pista de probas a realiza-la proba de slalom, e as teóricas frenadas con e sen ABS en terreo seco, que en realidade estaba ben húmedo.

E foi precisamente nesta parte de frenada con ABS onde comezou a brillar o equipo de Pistón Bermello, como non, houbo que demostrarlles que con esa trampa de sistema de freo se pode mandar o coche de costado e chapear, si, si, chapeei o Xsara, que pasa!!! Home, a verdade e que tan só se lle fodeu un espello, non foi para tanto! Si foi para tanto cando me preguntaron os demáis asistentes: ¿Y no te asustastes cuando se te marchó el coche? –Si, home, asusteime moito! Sodes bien toscos, ostia!!!

Mortos xa de fame fumos engulir un, senón suculento, si abundante cocido jallego que nos deu forzas para continua-la xornada.

Voltamos pois a aturar, esta si, unha moi aburrida charla sobre alcohol e drogas, e todas esas raiadas con que nos tocan o nabo tódolos días. Pero tranquilos, sobrevivimos e poidemos voltar á parte práctica do asunto, ó curso de verdade.

Repetimos as anteriormente citadas frenadas, iso si, esta vez en terreo xa non mollado, senón empapado. Non, non tronzamos máis coches, que nos podiamos quedar sen o resto das probas. Tamén realizamos o trazado de curvas con simulador (unhas rodiñas nas susoditas traseiras) que é como levar un traseira pero a cámara lenta, está moi ben.

Por fin, chegamos á parte máis interesante e divertida: o circuito

Para a realización desta parte intentei ir co monitor máis túzaro, e conseguino. Foi a reostia, o pavo estaba tan chalado que se emocionaba e mandábame entrar todo pasado e balanceando nas curvas, foi auténticamente xenial. Para máis referencia dicir que lle chamaban “Mazinguer”, que tipo!

Por último, dicir que si calquera de vós tedes a oportunidade de ir a estes cursos o ano que ven, ide, pasarédelo de medo.

 

Pirilla diabólica

Hosted by www.Geocities.ws

1