A ELEGANCIA CHEGA ÓS RAILIS

Os fabricantes de castellanos vanse forrar

 

Cansos da típica imaxen da monotonía dos monos ignífugos e dos botines a xogo, o anteriormente coñecido como Antonio José “vou facer unha cousa que levo querendo facer toda a noite” López foi escollido como modelo por unha prestixiosa firma de zapatos castellanos para dar a coñecer esta nova moda racing.

Dita presentación efectuouse no tramo A1 do Raili do Cocido, 1ª proba do campionato Galego.

A partir deste tramo o coñecido representante destes tenis que fan os pícaros en África por tres céntimos o par, Isaac primo, cedeu amablemente os susoditos tenis.

Co que non contaba Antonio José era que os tenis estaban moldeados coa forma dos pés do antes citado Isaac primo, o que fixo que saise unha verruga na deda gorda do pé.

Iso non foi óbice para un novo triunfo do Team Pelonio, pero a verruga non lla quita ninguén.

En fin, o glamour, os cotilleos e a prensa rosa axiña invadirán as cunetas das carreteras, e todo debido ó citado Antonio José.

 

A Redacción de Pistón Bermello

 

Hosted by www.Geocities.ws

1