SEAT MARBELLA Gr. A (carrita WRC)

 

O coche motivo desta proba é o Seat Marbella Gr. A coas especificacións da Copa Seat Marbella e que no ano 1999 disputou 3 railis do Campionato Galego e 1 do Asturiano a mans dos irmáns Oscar e Antonio José (Pipo) López Salgado. Este equipo ten unha característica, xa que os dou irmáns queren ser pilotos, e como non había presuposto para 2 coches, alternáronse ós mandos desta máquina de devorar asfalto, correndo Pipo Ferrol e Noia (Oscar de copi) e Oscar San Froilán e Cangas (Pipo de copi en Lugo, e Rubén de Recedente en Cangas).

A petición dos propios pilotos, os dous integrantes da redacción de Pistón Bermello realizamos unha proba dinámica do susodito vehículo.

A postura de conducción é cómoda tendo todo-los mandos e dispositivos bastante a man, atopando tan só como inconvinte os mandos dos limpias e das luces que, ó estar algo baixos, tropezan nas rodillas do piloto. O cambio é preciso, ainda que a redacción opina que para ser un coche de automobilismo de verdade ten os desarrollos de 1ª e 2ª demasiado largos, e que a panca está un pouco baixa; por contraposición, en marchas longas semella un grupo B "light", outro aspecto a destacar foi que o seu ruido infernal nos embriagou durante toda a proba.

Pasando xa ó que foi a proba en si, dicir que o tramo escollido foi o tramo de test do equipo, e dicir, Sta. Pelonia-Vilameá-Recedente-Roxas.

Coma todos estes Marbella, o dificil é pillar velocidá, aida que cando o consigues vas coma un Espuni e só é posible frenar cunha áncora.

O freo de man vai de marabilla, aínda que xa sen facer uso del o coche ten unha lixeira tendencia sobreviradora, o cal fai demostrar "as mans", o que non é problema para os pilotos de probas de Pistón Bermello.

Por certo, cando probou o coche Luis "pirilla diabólica" Miranda, na zona das Roxas, nunha curva de dereitas (da cal saiu totalmente atravesado) topouse cun Renault Clio branco con pegatinas de Fertipor que estaba a punto de botarse, ante o cal, Luis optou por baixar unha marcha e pisar acelerador a fondo, co conseguinte trallazo do autoblocante e, sen deixar de mascar o chicle tirou de freo de man e coa traseira do Marbella impactou levemente na do Clio, saindo este disparado contra un pino, chegando Luis cun piloto traseiro desfeito. Isto non causou gran impresión no equipo Sta. Pelonia, xa que contaban cunha chapeada moito maior.

Por certo, se vos preguntades que lle pasou ó piloto do Clio, dicir que a súa integridade física non correu perigo, sendo as súas declaracións: "Eu ía probando unha nova solución de Sardiña Sport cando se aproximou a min por detrás un engendro sobrenatural naranja pilotado por alguén que parecía que viña dos avernos e tiña a peculiaridade de que ía coa pirilla ardendo, non dudando en ningún momento en botarme da estrada, o que non é novidade para min"

Por último, agradecer dende a redacción de Pistón Bermello que o equipo de Sta. Pelonia nos insistise tanto en probar o coche, ademáis da suculenta merenda que nos ofreceron e, por suposto, aceptamos.

AUPA STA. PELONIA, A POR TODAS!!!!

Hosted by www.Geocities.ws

1