O NACEMENTO DO 'CIBERGAITEIRO'
O lucense Diego Pi�eiro imparte o  primeiro 'cibercurso' de gaita do mundo. Dezaoito alumnosaprender�n a tocala desde os seus fogares de Estados Unidos ou Italia co uso de arquivos 'MP3'
Biograf�a
Curriculum
Cursos de Gaita  por internet
Volver a p�gina principal
Diego Pi�eiro � un rapaz con iniciativa e con ganas de facer m�is mundial se cabe a gaita galega. Por iso este lucense, de 19 anos, p�xose mans � obra e o resultado non pode ser m�is sorprendente: o primeiro cibercurso de gaita do mundo. Lonxe de ser un proxecto � xa unha realidade, que botar� a andar o 1 de novembro cando os 18 matriculados, ata o de agora, comecen polo m�dico prezo de 3.500 pesetas as clases desde as s�as casas de Charlottesville (EE.UU. ), Italia ou Lebrija (Sevilla), e rematar� o vindeiro 31 de xaneiro. Cando chegue esa data a Mui�eira de Lugo ou o Pasodobre da Pastoriza soar�n de seguro por todo o mundo.
REDACCI�N. ROC�O CORT�S GALDODiego Pi�eiro, que comezou a toca-la gaita con seis anos e con 14 xa era mestre en Mar�a Casta�a e despois na asociaci�n Roi Xordo de Montir�n, ten constancia de que en Asturias, dende hai tres anos, e nun instituto de Escocia intentaron po�er en marcha un cibercurso de gaita. Non o lograron.Hai tres meses, este rapaz lucense tampouco ti�a planeado nada e menos a existencia da p�xina sonsdagaliza.tripod.com (nos vindeiros dous d�as non estar� dispo�ible). Sen embargo, por aquel ent�n, "dixer�nme que estaban a facer unha p�xina de partituras de gaita e Miguel Blanco creador da web d�xome que se pod�a facer un curso de gaita por Internet".E dito e feito. O 1 de novembro alumnos como Cynnus, Carlo, Andrew ou Tania recibir�n a s�a primeira lecci�n, Introducci�n � curso. Dende ent�n e ata o vindeiro 31 de xaneiro do 2002, este cibercurso de iniciaci�n � gaita ensinar� tam�n temas como Introducci�n � gaita, Partes da gaita, Afinaci�n e escalas, Picados, Primeira canci�n (Mui�eira de Lugo), Distintos ritmos, Segunda canci�n (Jota de Lugo), Tonalidades e, para rematar, unha terceira canci�n (Pasodobre da Pastoriza).�Como facer para que os alumnos saiban se o fan ben ou mal? Moi sinxelo. "A teor�a estar� no servidor para que a poidan descargar, pero cada alumno ter� unha contrasinal e unha identificaci�n para poder face-lo", explica Diego Pi�eiro. Ademais, este xove mestre tam�n pensou no feito de que alg�ns non soubesen solfexo. As� que explica "a partitura de forma literaria", engade.Pero esta non era a cuesti�n m�is complexa do curso, o dif�cil era a parte pr�ctica. Para iso os alumnos e o mestre recorrer�n � intercambio de arquivos MP3: "Gravo na mi�a casa cada canci�n nun arquivo de sonido (MP3) e env�olle unha copia a cada un dos alumnos. Eles, despois, te�en que gravar ese tema noutro MP3 e env�anmo. Eu corrixo e m�ndolles instrucci�ns de onde erraron e o que te�en que mellorar", explica Diego Pi�eiro.O interese que este cibercurso de iniciaci�n � gaita espertou en Arxentina, Londres, Italia ou Estados Unidos queda patente s� con dicir que as prazas convocadas eran 20 e, a falta dunha semana para rematalo prazo s� quedan d�as vacantes. Diego tam�n ten outra cousa clara: "Os alumnos que te�o son de f�ra de Galicia, de aqu� o �nico interesado en principio foi o instituto de Santa Ux�a de Ribeira".De cara � futuro xa pensa "se todo sae ben" en impartir cursos de perfeccionamento. Despois de todo, como di Diego, "hoxe todo vai por Internet". 

26/10/2001

[email protected]
Volver a p�gina principal
Hosted by www.Geocities.ws

1