Costelas
de porco con castañas
| - 3/4 kg. de castañas |
| - 1/2 kg. de costelas |
| - 50
gr. de manteiga |
| - 1
taza de caldo |
| - Sal e aceite. |
Adóbanse
as costelas con aceite e sal, métense no forno e vanse regando co caldo.
Cócense as castañas, escórrense e pélanse. Dáselles unha volta na tixola
coa manteiga. Cando as costelas estean asadas acompáñanse coas
castañas.
