Caldo de
castañas (I)
| - Castañas
secas |
| - Cebola ou
allo porro |
| - Unha taza de
leite |
| - Unha pouca
fariña |
| - Patacas
(opcional) |
Bótanse as
castañas secas e o allo porro ou a cebola nunha pota con auga fervendo e
déixase cocer todo ata que estea pasado. Seguidamente engádese unha taza
de leite e unha cullerada de fariña para que espese, sálase e espérase
ata que a fariña estea cocida. Se se quere pódense botar patacas a cocer
coas castañas, cando un crea oportuno, dependendo do tempo que tarden en
pasarse.
