Castañas
asadas
Asínanse as castañas, é dicir, fáiselles un
pequeno corte por un lado para que non estoupen e despois póñense a fogo
lento sobre unha plancha quente, tendo coidado de revolvelas a miudo.
Cando se lles quita a casca con facilidade e están blandas por dentro xa
se poden comer.
Tamén poden asarse no
forno. Neste caso case non necesitan revolverse. Teñen a ventaxa de que
así non manchan nada as mans.
Se se fan nas brasas
ou dentro dun cilindro metálico sobre o lume, estamos xa a voltas cun
magosto.