A parroquia "Santiago de Foz" está situada
no termo municipal de Foz (Lugo, Galicia, Noroeste de España).
Pertence á Diócese de Mondoñedo-Ferrol e
forma parte do Arciprestado de San Martiño de Mondoñedo.
Está atendida por un sacerdote diocesano, ó que
lle axudan varios relixiosos salesianos.
Hermanas Franciscanas de la Purísima,
que dirixen o Colexio "Nosa Señora do Pilar"
(Infantil, Primaria e Secundaria) e que traballan na pastoral
da Parroquia.
Religiosos Salesianos, que dirixen o Colexio
"Martínez Otero" (Infantil, Primaria e Secundaria)
e que tamén traballan na pastoral da Parroquia.
LUGARES DE CULTO
Os fregueses (arredor de 5.000 persoas) dispoñen de
tres lugares de culto:
O Consello Parroquial está formado por 26 persoas, representantes
dos distintos grupos que traballan na Parroquia:
Párroco
Secretario
Catequese (2 membros: Primeira Comuñón e Confirmación)
Ordes Relixiosas (2)
Cáritas (1)
Grupo de Oración (1)
Apostolado da Oración (1)
Grupo de Laudes (1)
Liturxia (1)
Economía (1)
Camareiras da Parroquia (1)
Asociación de Viúvas (1)
Pastoral Familiar (1)
Grupo de Mocidade (2)
Asociación de María Auxiliadora (1)
Coidado e atención do Cemiterio Parroquial (1)
Representantes das zonas das Parroquias (7)
FESTAS
Ainda que o patrón da parroquia é Santiago Apóstolo,
as festas representativas da Parroquia son:
Festas
do Carme: 15 e 16 de Xullo, con Misa
Solemne e Procesión da Imaxe da Virxe do Carme polo Barrio
Mariñeiro, que presenta as rúas con alfombras florais.
Festas de "San Lourenzo": 9, 10 e
11 de Agosto, con Misa Solemne e Procesión do Santo polas
rúas próximas a Iglexa Parroquial.
Ademais destas festas de carácter parroquial, para o
Barrio de Vilaxoane celébrase a festa
de San Blas -3 de Febreiro- con Misa Solemne y Procesión
da imaxe do Santo polo barrio.
OUTRAS CELEBRACIONS
2 de Febreiro: Virxe da Candeloria, coa presentación
no templo dos nenos nacidos no ano anterior.
Semana Santa: Vía Crucis, Procesión,
Oficios e Celebracions específicas destas datas, seguidas
por gran número de fieis.
Corpus Christi: Misa Solemne e Procesión
do Santísimo por rúas alfombradas de flores.
Primeira Comuñón: Mes de Maio,
varios domingos.
Confirmación: Mes de Maio.
Vodas de Ouro e Prata Matrimoniais: Celebración
para conmemorar os aniversarios matrimoniais (50 e 25 anos).
Virxe de Covadonga: 8 de Setembro -Misa cantada-.
Virxe do Pilar: 12 de Outubro - Misa cantada
-.
Santa Cecía: 22 de novembro - Misa cantada
-.
Inmaculada Concepción: 7 de decembro
(Vixilia); 8 de decembro (Misa cantada).
Nadal:
24 de decembro, Noiteboa, Misa do Galo -cantada- na Capela
da Residencia de anciáns "Nosa Señora do Carme".
25 de decembro, Nadal, Misa Solemne, cantada e con representación
de Nadal.
A construcción actual data do século XVIII, aínda
que a documentación existente remóntanos ó
século XVI.
O templo ten planta rectangular. Consta de tres naves, cruceiro,
capela maior e dúas sacristías.
O retablo do Altar Maior é de estilo rococó (s.
XVIII). Toda a iconografía está relacionada co o
Apóstolo Santiago. A mesa do altar ten un relevo de Xesucristo
cos Apóstolos na barca, vestidos os apóstolos co
traxe típico dos mariñeiros do lugar.
Prema sobre a foto se desexa
vela ampliada.
Na Igrexa tamén hai outros retablos -neoclásico,
barroco popular- e varias tallas (s. XVII e XVIII)
Entre as imaxes, a que máis fervor provoca é
a da Virxe
do Carme, por ser Foz un pobo mariñeiro. É unha
imaxe moderna (1.954) pero ten moita fama en Galicia pola súa
beleza e expresividade.