[En construcción]OS VERDES-GRUPO VERDE  de GALICIA 

Principal

Quienes Somos

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Vigo

Santiago

Ferrol

Comunicados de Prensa

Documentos

Fotos

Enlaces

 

 


 

O COMPROMISO VERDE

É moi posible que por distintos motivos, nos últimos tempos, vostede sexa testigo dun crecente protagonismo nos medios de comunicación e tamén no ámbeto cotián da súa vila ou cidade, de plataformas, agrupacións ou partidos nomeados ou vencellados ao movemento verde ou ecoloxista. Amola moito ver como este protagonismo cinguíase tan so nos momentos das traxedias, onde malia contar co apoio dun grande segmento da población, remataban; ben por esmorecer unha vez satisfeitos os afáns reivindicativos iniciais sen esperar a ver os resultados das promesas feitas polos políticos; ben por politización da devandita iniciativa a mans dalgún dos partidos clásicos. No primeiro caso o amplo apoio da xente ás iniciativas encetadas por estas plataformas nos momentos de crise (Casón, Prestige, agora mesmo cos incendios forestais) fíxeronnos ver a necesidade dun partido político que teña como prioritarias no seu programa as cuestións medioambentais para deste xeito ser quen de poder manter a necesaria presión sobor dos partidos clásicos cando a situación o demande ou, por que non, puntualmente apoialos se as suas iniciativas o merecen. No tocante á politización das plataformas ou iniciativas verdes (Nunca Mais) non descubriremos nada novo, se decimos que por mor da cada vez maior sensibilización da población por todo o que teña que ver co medio ambente, e polo tanto co seu coidado, respeto e mellora son cada vez mais determinantes para acadar unha maior calidade de vida. Por elo, todo o que soe a verde ou ecoloxista “vende”; axiña o entenderon os partidos políticos tradicionais (maioritariamente de esquerdas) que a principios dos anos oitenta incorporaron nas suas listas líderes dos movementos ecologistas ou verdes, na creenza, por parte destes, de que á sua feblez inicial xuntábaselle unha sociedade que ao mellor daquela, ainda a pouco de rematar a transición, non se atopaba no mellor momento para acoller iniciativas deste tipo, ou ao mellor sí, non o sabemos. Pola contra, en Europa Occidental, sociedades moito mais maduras que a nosa sí acollian de bo grado estes movementos que axiña callaron en partidos políticos que co tempo chegaron a facerse fortes nos paises escandinavos e centroeuropeos, e mesmo a “tocar poder” (Alemania, nas duas legislaturas do socialdemócrata Gerhard Schroeder). Algúns pensamos que os tempos xa son chegados para apresentarlle á sociedade galega e española, un partido  verde independente e que concurra ás eleccións pola sua conta, ceibe, sen as ataduras impostas polos partidos tradicionais segundo estrategias feitas e pensadas unicamente en obter réditos electorais (promesas que se fan durante as campañas electorais, que non se cumplen, e logo mon se denunciaba o seu incumplimento, ao seren “os verdes” víctimas de esas estrategias). O medio ambente non pode esperar, non é algo que podamos deixar para mañá. Ainda estamos a tempo, a sociedade debe ser consciente da súa forza, un consumo responsable por ejemplo, pode ser xa dabondo para orientar as políticas de governos ou grandes empresas multinacionais. Nalgunhas sociedades do Norte e Centro de Europa faise, por que non eiquí?. Xa pasaron vinte anos dende que naceron os partidos verdes en Europa Occidental, ao fin e o cabo, os anos que segundo sempre lle oín aos meus pais, levabamos con retraso ao respecto de Europa. Chegou o momento de ver si a sociedades galega e mais española son maduras e optan poñer dunha vez por todas o medio ambente no lugar que se merece. A nosa calidade de vida futura vai depender moito do que fagamos de aquí en adiante, non o dubide

Visto xa o anterior, temos claro que unhas sociedades como a galega ou a española, precisan dun partido verde forte, estructurado a nivel local autonómico e nacional, capaz de apresentarlle á sociedede un programa á vez novedoso e atractivo, no que o desenvolvemento sostible sexa compatible cun crecemento estable, e que deste xeito permita unha mellora constante na calidade de vida a traveso da implantación de medidas que fomenten a eficiencia energética, así como un consumo responsable, e todo elo acompañado dunha política fiscal na que primen os impostos indirectos (aqueles que graban as rendas do traballo e patrimonio), permitindo deste xeito un mellor reparto da riqueza, e a obtención dos recursos necesarios para a  implantación de medidas que permitan, no caso das mulleres que traballen fora dos seus domicilios, a necesaria conciliación entre a vida laboral e a familiar.

Moitos preguntaranse si tal partido existe, pois ben, tal partido existe xa: LOS VERDES-GRUPO VERDE,.partido constituido en abril do ano 1994, e que leva dende aquela presentándose a tódalas citas electorais, verá como a sua acción conta con novos e salientábeis reforzos. En efecto, o 15 de marzo constitueuse en Madrid a Mesa de Unidad de los Verdes, e o 21 dese nesmo mes emiteu un comunicado chamado Comunicado de la Mesa de Unidad de los Verdes, documento asinado polos distintos colectivos e agrupacións verdes espallados por todo o estado. Os seus programas inspiraranse na Carta de los Verdes del Mundo-Canberra 2001.Esta carta define o que significa ser verde no mundo actual a partires duns principios que presiden toda estrategia ou acción dos colectivos verdes. Principios tales como a sabiduría ecolóxica, a xustiza social, a democracia participativa, a non violencia, a sostenibilidade ou o respeto pola diversidade. Principios que, dito sea de paso, tódolos partidos tradicionais levan anos decindo que están nos seus programas electorais, pero que logo chegada a hora, na xestión política do dia a dia, vostede e mais eu non atopamos por ningures, ate que na vindeira campaña electoral saquen o tema de novo, e volta a empezar. Pero ademais hai unha cousa que vostede e mais eu sabemos ben: os partidos tradicionais nunca van a facer nada por traballar segundo eses principios, sinxelamente porque non poden. Non poden porque, dunha banda ao seu enguedellamento co capital  do cal dependen para financiarse e tocar poder, e doutra, ás relacións clientelares  que os políticos dunhas administracións manteñen cos de outras, que son as que “teñen os cartos”, ten como consecuencia, primeiro: a non sostenibilidade (xa que esquí o capital non está educado para respetar o medio ambente), algo mais adiante tocaremos novamente este ponto, e segundo: no tocante ás relacións clientelares entre os políticos, decir que moi especialmente en A Galiza leva aparellada unha arrepiante cultura da subvención coa carga de ocultismo, corrupción e irresponsabilidade que o abuso de tal práctica sempre trae consigo. Velai temos o fin dos principios que vostede e mais eu compartimos.

Pero, votémoslle unha rápida ollada á realidade crítica pero tentando non caer en prexuizos ao tempo que repasamos algunhas cousas das que falamos mais arriba e tocamos outras novas. Non perda coidado, tentarei ser moi breve. Todos sabemos que A Galiza medrou moito nos derradeiros vinte anos, xusto os que levamos na Unión Europea, e que malia sermos a rexión mais subvencionada en toda a historia da Unión ate o de agora (e, tal como semellan pintar as cousas nestes intres para os novos socios, é moi posible que tamén do futuro) non constituimos un bo exemplo de desenvolvemento. Quen  ia pensar vinte anos atrás, que nestas datas non estaríamos a celebrar o remate, ou estar a piques de rematar, co noso atraso secular, pero en fin, outra oportunidade perdida como moitas outras, demasiadas xa, por esta terra. Ainda así, de todos é sabido que A Galiza vai converxendo con Europa paseniñamente (a sua renda medrou nove pontos neses vinte anos, e a todo esto porque a renda media da Unión baixou moito no ano 2004 coa entrada dos paises do centro e leste de Europa) pero despois de vinte anos, loitar para que nos sigan a considerar probes e dese xeito seguir a malgastar os cartos que veñen de fora como se non se acabaran nunca, ou en Europa non se decataran, paréceme pouco menos que suicida. Nembargantes paises que no ano 1986 estaban mais ou menos como nos (Irlanda), hoxe teñen unha renda per cápita superior á do Reino Unido. A diferencia é que eles estaban sentando neses anos as bases do seu crecemento posterior: invertindo en educación e legislando para ser atractivos como base europea de montaxe ou distribución das grandes multinacionais do Hardware alén do atlántico, nas que poñer a traballar a todo ese capital humán recién preparado. Polo contrario eiquí todo este crecemento foi feito de calquer maneira, sen planificar ou priorizar as inversións, asfaltándolles pistas aos amigos, construindo polígonos industriais no medio de ningures e nos que por suposto non hai industrias. Cunha nula planificación urbanística na meirande parte dos concellos, todo elo supón a creación de riqueza pera uns poucos (especulacións urbanísticas, oscuras concesións nas licencias de obra pública) e a maiores cunhas fontes de riqueza (pesca, gandeiria,industria naval) sacrificadas polo governo central diante da Unión Europea, para apontoar ou manter as de outras autonomias mais rendibles nas estratexias electorais. Andalucia ten mais de sete millóns de habitantes, moitísimo peso electoral como para non loitar por él, vascos e cataláns, por ejemplo teñen partidos nacionalistas fortes que as mais das veces resultan necesarios para governar a nivel ou autonómico, e polo tanto as xestións dos diferntes governos tanto estatais como autonómicos deixáronnos moi mal posicionados para aproveitar as axudas segundo os novos criterios que Bruxelas vai ter en conta para concedelas (I+D+i). Cuns empresarios que non queren adicar mais cartos á I+D+i (non chegan ao 40% do 0,8% do P.I.B. galego adicado a I+D+i, cando nos paises mais desenvolvimos o sector privado supera o 60 %), 10 centros públicos adicados á investigación e que viven, como non, caseque exclusivamente das subvencións non invitan ao optimismo.

                                                                                            

                                                                        Manuel Rodriguez Freire

 

 
Hosted by www.Geocities.ws

1