|
Castromao. Santa María de Castromao. Celanova
(Ourense)
Unha
veciña de Castromao tiña un porco que tóda-las mañás,
en canto lle abrían a corte, marchaba para o castro e non voltaba
deica a noite. Desconfiou a veciña se os mouros lle daban mantenza,
pois o animal non comía nin miga na casa e a pesar diso estaba
gordo que daba xenio ve-lo. Mais, cando chegou o tempo e a dona quixo
facer matanza, o porco desapareceu da corte e nunca máis soubo
del cousa ningunha.

No Castromao, hai atuadas a cadea, a lámpada e a
reixa da Raíña Moura.

SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS. 1928. Catálogo dos castros galegos.
Terra de Celanova, Ed. Nós, A Coruña
|