Iglesia de Hermunde- Pol (Lugo)

Esta iglexia xa ten máis de 100 anos, hai no seu tellado un laureiro, dun metro de altura aproximadamente. Según a lenda, o señor que ordenou construir a iglesia, tiña unha filla xoven e de moita beleza, e dela enamorouse un dos albañiles que traballaba para o seu pai construindo a iglesia, amor que era correspondido. Pero o pai opoñíase a este amor; obligando á rapaza a casar con outro home. Dise que o día da boda, o seu albañil chorou tanto, que coas súas lágrimas fixo brotar un laureiro no barro co que asentaban as pedras do tellado; laureiro que ainda se conserva hoxe en día.


Lenda remitida por Altea Piñeiro

Hosted by www.Geocities.ws

1