| |
|
Cervantes (Lugo)
En Cervantes é onde se concentra a maioría das lendas dos Ancares. Neste municipio, segundo conta a tradición, e na localidade de Vilarello da Igrexa, puido ter a súa orixe Miguel de Cervantes Saavedra, autor do insigne "Don Quixote". Cervantes é un topónimo de raíz "cer", que significa "terra de cervos". A súa etimoloxía vinculado cun posible culto a este animal, está incluída, ademáis, no seu escudo. Aquí, neste concello, atópase o Castelo de Doiras, que ten a súa propia lenda...
A DONIÑA CERVA
Un día Egas, estando de cazaría, albiscou unha fermosa
cerva branca. Dun disparo único e certeiro rematou coa vida do animal,
pero non se decatara de que era imposible levala ata o castelo polo seu
peso excesivo (ou, se cadra, porque a neve dificultaba o transporte),
así que cortou a pata dianteira da cerva (para sinalar que o animal lle
pertencía, ou para poder mostrar un trofeo que dera conta da súa fazaña).
E cando foi amosarlle o seu pai a pata da cerva , contándolle o seu éxito
atinxindo, arrepiados, viron como, no seu lugar o que Egas sacou da bolsa
foi unha man; unha man fina, branca, suave; unha Con ánimo dorido correron monte arriba, para o lugar onde Egas dera morte á cerva. Alí atoparon, tendido no chan, o cadáver de Aldara, á quen lle faltaba unha man... Segundo o que di a lenda algún mouro debeu encanta-la en figura de cerva, e a morte encargouse de volve-la ó seu estado natural de doncela. Máis endexamais puido saberse a razón.
|