| |
|
Pedrafita do Cebreiro (Lugo) Nos altos cumio da serra, no Cebreiro hai unha aldea, Pedrafita, composta por un pequeno grupo de pallozas: casas de andar baixo, moi primitivas, de paredes de cachotería (pedras sen labrar, unidas por lama), de planta redonda e cubertas de colmo, xunco ou palla grosa cosida en faixas superpostas.
Mesmo un zapateiro guindoulle a súa forma a Xesús Cristo. Chegaron a unha casa pobre onde os nenos estaban tra-la lareira chorando de fame. A muller da casa quixo atender a Xesús Cristo e á Virxe; delles pousada, pero non tiña outra cousa que darlles. A duda corroía frecuentemente ó corazón do crego; a duda amargaba as horas solitarias das súas noites de insomnio. ¡Oh, Deus! murmuraba o crego aflixido. A fe debilítase en min. Meu ser enflaquece e o meu cerebro estoupa, pero non vexo claro este misterio. ¿Unhas leves cruces trazadas no ar po-la miña man e unhas poucas palabras murmuradas po-la miña boca, non sempre limpa e pura, como poden facer tal miragre? Había un veciño da parroquia que vivía a unha media legua de Pedrafita e era tan devoto da santa misa, que por ningunha cousa, nin aínda po-las tormentas ou nevadas máis fuertes, deixaba de chegarse alí para oír a misa. Un domingo estaba o cura celebrando o santo sacrificio. Ninguén máis estaba na igrexa, porque a turbulenta cellista de aquel día era tal, que causaba pavor. Tiña xa consagrada a hostia e o cáliz, cando oiu o ruido de alguén que entrou apresuradamente na igrexa. O crego mirouno con sorpresa e murmurou: ¡Pobre home, vir con este tempo de tan lonxe, fatigosamente y arriscándose a morrer no camiño, só para postrarse ante un pouco de pan e viño!
O mísero cura caeu de xeonllos ó pé do altar e luego desplomouse nas gradas, desvanecido. O hombre que chegara naquel intre correu cara ó altar e tratou de incorporar ó crego. Estaba morto. As reliquias deste miragre conservanse en dúas ampollas de vidro e plata na igrexa de Pedrafita do Cebreiro.
|