| |
|
Aranga (A Coruña) Nunha ocasión, unhas mulleres que pasaban de noite por preto de Aranga sentiron soar unha campaíña por baixo da terra. Foron entón onda o crego, que veu con elas e comezaron a cavar ata dar cunha cruz de ferro con adornos de cobre e unha coroa de prata que tiña unha campaíña que era a que as mulleres sentiran tocar. Esta cruz parece ser que despois foi roubada ou vendidos en algúns anacos. No sitio en que estaba a cruz, comezou a manar unha fonte de augas milagreiras. Arranxada a fonte e feita unha ermida naquel sitio, organizouse anualmente unha romaría que ten lugar o 3 de maio. Á dita fonte, ermida e romaría fai referencia un cantar de por alí que di:
|