|
|
|
12- BAIXADA DE URZÁIZ POLOS MANIFESTANTES, enchendo as rúas con a maior movida de protesta que viu ata agora a historia da cidade, ao mesmo tempo que o vento puxa as manchas de negro fuel desde o contamiñado Parque Natural das Illas Cíes para adentro, e que os mariñeiros e voluntarios prepáranse para sair a defender a Ría en cuanto amañeza. A manifestación terminaría na Porta do Sol. No día seguinte, a oposición apresentaría no Congreso Galego unha moción de censura, por irresponsabilidade, contra o Presidente da Xunta de Galicia, mentras profesionais dos medios de comunicación encadeábanse ás rexas do Parlamento con pancartas de "manipulación informativa NUNCA MAIS" . O presidente da Xunta e o seu lugarteniente no Congreso calificaron soberbiamente a gran manifestación do día 11, que, en todas as cidades galegas chegou a reunir mais de 300.000 persoas, como " liorta", "algarada" e "ese ruido que vai por ahí". Nembargantes, Unha Nova Era comenzou en Galicia o día en que, en ausencia do Estado, o povo organizouse voluntariamente, e saiu a defender o seu e a coidar da súa vida e da súa terrasen esperar a que o Goberno fixera de unha vez o que debía facer. Ese día, o Povo Galego convirtiuse no Estado Galego por direito propio.
|
| |
Para enterarse de como se seguiron desenvolvendo os acontecimentos
por unha fonte non oficial, consulte os seguintes magazines electrónicos:
|