Nestes momentos o noso número de asociados entre pilotos e paquetes, todos cos mesmos dereitos, chega os 73 membros, ante todo o noso meirande orgullo é ser un grupo do mais variopinto en cilindradas e tipos de moto, en fin o único que lle pedimos a nosa xente é que no teña medo a mollarse ou pasar frío sobre duas rodas, que son os aneis que nos unen no seo da gran familia motera.
En fin somos unha Peña aberta onde ninguen se sentirá fora de sitio, ademais da consabida boa recepción que os galegos damos òs foráneos. Polo cal se algún día pasádes pola nosa pequena cidade avisade, ben sexa polo correo ou teléfono,e videvos á reunión.
Sen darvos mais a vara paso a relatarvos un pouco quen somos, que motos temos e que facemos.
MARCAS PRESENTES NA NOSA PEÑA:
APRILIA, trail. 900 cc.
BMW, trail, carretera. 750 - 1100 cc.
KAWASAKI, carretera. 500 cc.
HARLEY DAVIDSON, custom. 883 cc.
HONDA, racing, carretera, trail, custom. 650-1500 cc.
HYOSUNG, custom. 250 cc.
SUZUKI, carretera, ciudadana. 125-750 cc.
YAMAHA, custom, carretera, naked, trail. 350-900 cc.
PILOTOS:
Médicos, electricista, profesores, comerciais, dentistas, carpinteiros, catedráticos, fotógrafos, cociñeiros, todos na mesma peña e todos coa msma pasión as motos, por certo temos dous orgullos dos que moi poucas peñas poden presumir, temos duas moteras que riete tu de la Poelsner del mundial.
ACTIVIDADES:
Saidas oficiais duns 500 Km. de media todolos derradeiros domingos de cada mes para coñecer todolo que poidamos, en todas elas as visitas son guiadas e a comida e de valde. Pero eso xa volo detallamos no nosoo apartado saidas.
Os sábados reunirmonos para facer saidas mais cortas, e os domingos xuntamonos para veren as motos todos xuntos e anima-los rapaces.
O anterior non vale para todos pois enviamos representación a todoslos grandes premios que celebranse na península, ademais de iren a PORTUGAL a ve-las probas do campionato galego, CIRCUITO GALEGO XA, probas como as da Bañeza e demais eventos.
Participamos tamén das concentracions da nosa provincia, moitas en Galicia e algunha por España, si a nos tamén gustannos mais as invernais, e alguns van os Pingüinos e outros a Tordesillas.
Colaboramos tamén en probas ciclistas, e nalgunhas ocasions coas federaciones de triatlón provincial e galega.
U-LA XENTE DA PEÑA:
Estamos todolos xoves a partires das 9:30 no Bar Friol, sito enfronte do centro de saude Da Milagrosa, na rua Río Ser, os días de gran premio podedes atoparnos durante o mesmo no Bar Cafetería Madrid, sito na N-VI saindo de Nadela cara a Madrid.
VENTAXES DO SOCIO:
Descontos na gasolina, algún concesionario e unha academia de informática, viaxes a concentracions e saidas tiradas de prezo. Todo elo nun bo ambente.
Para contactar: Ademais da dirección de correo, hai vai outra, [email protected] e o seguinte teléfono móvil 676 036 615 Miguel
VEMONOS, V`SSSSSSSSSSS PRA TODOS