![]() |
|||||||||||||||
![]() |
Martes 18 de Novembro de 2003 Lugar: Otro Compás. Rúa Chao 13. VigoActuación: Juan Juste. De maneira case casual atopeime cuns coñecidos que ían a ver unha actuación o pub Outro Compás dun tal Juan Juste do cal eu, pero parece, que soio eu, non tiña oído falar ata ese momento. Esperamos mentres consumía unha cervexa con gasosa ata as dez e media desa noite. Cando o "mimo" saíu fíxoo totalmente nú, impresionoume un pouco o principio, pero enseguida nos acostumamos, de fondo tiña unha proxección cunha diapositiva- unha fotografía dunha desas redes que parecen coma un perímetro dun campo de concentración. |
|
|||||||||||||
|
Eva
Morant |
|||||||||||||||
De seguido colleu un caldeiro cheo de pintura azul e procedeu a pintar os seus xenitais coa pintura, levoulle algún tempo pero cando terminou todos quedamos sen fala. A mesmo tempo que isto estaba sucedendo había outro fondo non visual pero semi-musical que intercalaba cancións da radio, con noticias, con outras grabacións o mesmo tempo que se seguian proxectando fotografías na parede de paisaxes, de anacos de corpos nús,... Por fin o "mimo" rematou vestíndose pero continuou coa actuación, algunhas veces parecía a un mimo máis convencional pero outras parecía máis unha obra de teatro ou performance. A actuación fíxose máis e máis interactiva así como transcurría o tempo, tamén escribiu algo moi bonito na parede que dicía: liberdade, pan, amor e soños. Conseguín averiguar que para a realización de toda a performance contou coa colaboración dun grupiño de xente aínda que non conseguín averiguar os seus nomes xa que se facía tarde e eu tiña ou quería volver a casa. |
|||||||||||||||