ASOCIACION MAR DA PEDRA DE AMIGOS DAS GAMELAS

Coa axuda da Deputación de Pontevedra emprendemos a recuperación dunha gamela significativa da zona de Cangas . Chamábase PALOMA e comenza a súa nova vida co nome de RULA

Procede do Canabal , ten 14 cuartas e media de quilla ( 4,95 mts de eslora total ) e o seu estado era regular , pero coincide coa tipoloxía que consideramos que tiñan as gamelas de Cangas , pouco francobordo , pouco arqueamento e eslora xenerosa .

Retiramos as vellas capas de pintura , saneamos a madeira podre e efectuamos o tratamento da madeira a base de epoxi

O traballo realizouse no taller do antigo matadoiro da Congorza , cedido xentilmente polo Concello de Cangas , moi axeitado debido a súa situación nunha praia de longa tradición gameleira e co consello activo de antigos gameleiros .

Este é o resultado..

A construcción do timón

A vela foi copiada coa máxima exactitude dunha vela cedida por Ramón , patrón da Alondriña , realizada en algodón por Velas Gandara e rematada a man por nos mesmos

O plantexamento de formas foi feito por Tomás , de grande experiencia en velas tradicionais e o traballo de cabullería copiou as antigas técnicas amosadas na vela de Ramón

A Rula estrenouse no encontro de Douarnenez 2004 acompañando a expedición da Federación galega pola Cultura Marítima

Esta é unha imaxe da navegación en augas bretonas . A vela mostra as enormes posibilidades de esta excelente embarcación

Hosted by www.Geocities.ws

1