ASOCIACION MAR DA PEDRA DE AMIGOS DAS GAMELAS
O 7 de Agosto de 2004 celebrouse en Moaña o I encontro de embarcacións tradicionais , no que tivo lugar unha regata entre a illa de Samertolameu e O Con na que se deron cita seis gamelas coruxeiras a vela ademais de outras embarcacións como dornas , bucetas e masseiras portuguesas
As gamelas foron :
A Punta Helena , de Jorge , da praia de Fontaíña
A Buxaina , do CRAC de Canido
A gamela da Escola-Taller Mar De Vigo
A Diana , patroneada por Nano e con Mónica de tripulante
A Lua No Mar , patroneada por Antonio Lima , con Lino e Iago de tripulantes
e a Rula , que contaba con Bernt , o holandés voador
Estas son fotos do evento , pregamos que nos fagades chegar outras fotos para adxuntalas :

Alcalde de Moaña , concelleiros e membros da asociación Sueste , organizadores da regata , na volta a porto das embarcacións

A Punta Helena , con Jorge e Ana

A gamela de Mar De Vigo

A Buxaina

Paco Bicho , inefable nos encontros , con un amigo

Entrega de recordos , no agarimoso agasallo da Chabola

A esforzada tripulación da Lua no Mar , vencedores da regata de gamelas , que sofreron a rotura do ferro do timón na sua volta a Cangas