ASOCIACION MAR DA PEDRA DE AMIGOS DAS GAMELAS




PROXECTO DE RECUPERACION INTEGRAL DA GAMELA CORUXEIRA







AGOSTO 2003



PROXECTO DE RECUPERACION INTEGRAL DA GAMELA CORUXEIRA

Punto de partida
A gamela coruxeira é unha embarcación tradicional de liñas simples e harmoniosas .
A súa aparente simplicidade esconde unha longa evolución e adaptación ao medio , as formas se depuran e o superfluo desaparece ; as solucións constructivas acadan a máxima durabilidade e adaptación a seu uso .


A evolución social e o uso do mar están a retirala da súa principal razón de ser: obter o sustento do mar .
Pero esa mesma evolución social ten que acabar comprendendo o esforzo e a valía das solucións as que se chegou despois de séculos de navegación e aproveitalas para encher necesidades novas : a necesidade de acercamento a natureza , o seu respeto , a necesidade de conexión cunha tradición , e todo elo aproveitando as vantaxes de facilidade de uso e baixo custo que a gamela pode proporcionar .
De Marzo a Xullo de este ano desenrolamos en Cangas un curso pertencente ao proxecto europeo Stella-Equal , con 5 alumnos discapacitados por enfermidade mental , e realizamos un estudio sobre a distribución e o estado da gamela coruxeira .
O número de embarcacións ronda as 200 , sendo o estado de conservación , en xeral , malo , coa problemática engadida da alta idade media dos seus propietarios e o pouco ou nulo interese da xuventude en este tipo de embarcación .

Queda un só carpinteiro que constrúe e repara e a adaptación das técnicas actuais é nula ou non apropiada ( remendos en poliéster etc.. ) .
Posibilidades
Temos próximo o exemplo do bo estado de saúde da dorna : asociacións dedicadas a súa promoción , recuperación e mantemento ; novas embarcacións cada vez mais ambiciosas ; escolas de vela tradicional ; unha potente flota de competición e un apretado calendario de regatas .
Para moita xente nova é un xeito económico e moi satisfactorio de achegarse a navegación e está traspasando amplamente a súa area tradicional de distribución.

Cousas tan habituais como a imaxe das gamelas pousadas na praia están a desaparecer e perdese unha parte do atractivo visual e turístico das nosas rías.
Imaxinemos unhas praias e portos activos , con flotas ben coidadas , imaxinemos visitas organizadas a museos vivos ao borde do mar , con interrelación entre diferentes xeracións , puntos de contacto coa tradición , a fala , as lendas , os coñecementos dos vellos mariñeiros ...
Imaxinemos a posibilidade de aprender a bogar , a velear , ou poder alugar unha embarcación coidada para dar unha pequena volta pola ría na embarcación mais adaptada a ela .
Imaxinemos un asociacionismo que manteña as embarcacións , garde os seus valores e os desenrole , realizando actividades de encontro , difusión , coñecemento das técnicas constructivas ou competición ; integrado no desenrolo xeral de outros tipos de embarcacións tradicionais e toda a cultura que vai aparellada .

E posible e atractivo , pero precisa dun enfoque correcto da problemática , unha conxunción de todos os colectivos e organismos implicados no tema e o desenrolo de ferramentas e solucións que axuden a revitalizar esta parte do noso patrimonio marítimo .

Problemática
A gamela estase abandonando debido ao troco do sistema extractivo . As novas embarcacións teñen mais volume e capacidade , poden montar maior potencia e o seu mantemento require menor traballo .
A pesca deportiva ten a súa propia problemática e supón un troco de mentalidade , que os vellos mariñeiros non sempre aceptan .
As novas xeracións teñen no novo o seu obxectivo , parécelles que o antigo era mais primitivo e menos axeitado . O propio deterioro das embarcacións axuda a esta visión .
O movemento comercial das propias licencias adheridas ao folio das embarcacións e o seu dificultoso paso as listas deportivas fai desaparecer embarcacións ou as retira a posicións marxinais .
A navegación a vela das gamelas practicamente desapareceu ( nas dornas conectou directamente con novos usos ) e existe dificultade para coñecer a tipoloxía de aparellos e técnicas de navegación empregados antigamente .
A desaparición das carpinterías de ribeira e a falta de rendemento comercial das embarcacións provoca a dificultade de efectuar reparacións . O tratamento industrial da madeira e a perda das técnicas de silvicultura e aproveitamento da madeira converte mesmo a percura de materiais en empresa investigadora , moi atractiva , pero pouco adaptada a falta de tempo da sociedade actual .
O descoñecemento das técnicas da carpintería tradicional , a avanzada idade das embarcacións e a falta de empresas especializadas fan o mantemento difícil , laborioso e o uso incómodo . En moitos casos a adopción de novas técnicas non axeitadas , como o laminado con poliéster , provoca mais problemas que os que tenta solucionar .
As condicións de traballo nas praias non é sempre a mais axeitada , carecendo en case todas de chabolas para gardar o material , ter algo de ferramenta ou auga e electricidade .
Posibles solucións
Estamos a falar de unhas duascentas embarcacións , distribuídas en uns 20/25 puntos ao longo da Ría de Vigo , tendo o extremo Norte na Ría de Aldán e o Sur en Oia . Unhas 175 embarcacións están en bo estado ou son perfectamente recuperables .
Parece claro que o seu uso como embarcación destinada ao proceso extractivo vai rematar , aínda que dotándoa de medidas de seguridade , reservas de flotabilidade e debido o seu bo comportamento no mar , pode ser moi axeitada para algúns artes , por exemplo a extracción de navalla mediante mergullo .
A pesca tradicional como actividade deportiva , con liñas , espello etc.. podería ser unha actividade de atractivo si a lexislación supera enmarcala adecuadamente e se controlara o seu uso estrictamente deportivo .
O atractivo para as novas xeracións pasa por un aggiornamento da embarcación , seu entorno e a súa promoción , promovendo escolas de vela tradicional para nenos , o uso das gamelas por socios dos clubs náuticos e o desenrolo dun calendario de competicións , tanto a vela como a remo .
A desaparición do efecto negativo do movemento comercial das licencias e folios ten que pasar pola reafirmación da cesión a asociacións sen ánimo de lucro en caso de desmantelamento , o pase directo a 7ª lista en caso de extinción de licencia de 3ª e a facilidade de matriculación de vellas embarcacións recuperadas sen folio . Unha posibilidade da que se escoita falar e que en nosa opinión tería un efecto positivo sería a creación dunha 10ª lista para embarcacións tradicionais , e que se regularan e facilitaran as legalizacións según tipos morfolóxicos .
Para manter a tipoloxía da gamela , da súa construcción , aparellos e técnicas de navegación debe promoverse a relación entre propietarios e persoas interesadas , creando unha base de datos detallada da que se puideran extraer publicacións divulgativas e promovendo encontros ou mesa redondas específicos da gamela coruxeira .
A técnica da madeira debe adaptarse si quere sobrevivir , hai novos materiais que facilitan moito a construcción , reparación e mantemento como é a resina epoxi : a súa compatibilidade coa madeira é total , posúe o mesmo coeficiente de dilatación , grande fortaleza e adhesividade e unha impermeabilidade incluso superior a do poliéster .

Na Asociación MAR DA PEDRA levamos dúas embarcacións recuperadas utilizando resina epoxi , a primeira traballa todos os días na extracción de navalla mediante mergullo con resultado excelente e mantemento case nulo e a segunda probablemente sería imposible de recuperar con técnicas tradicionais e resulta unha embarcación que todo o que a mira pregunta si é nova .

A técnica resulta custosa en man de obra pois se deben retirar todas as vellas capas de pintura , pero non o é en materiais , non chegando aos 200 Euros por embarcación .
A durabilidade das novas pinturas a base de poliuretano tamén permite obter unha embarcación de mantemento similar as de poliéster , mais adaptadas ao ritmo de vida actual que o laborioso mantemento tradicional da madeira .
Hai empresas que traballan con estas técnicas pero fai falla unha valorización da embarcación en sí para que vellos ou novos propietarios decidan unha inversión que xa é similar a de unha embarcación moderna , aínda que é de salientar a non necesidade de posto de amarre , ao poder utilizar as praias como puntos de varada , co conseguinte aforro .


Parece claro que para unha actuación de revitalización integral da gamela coruxeira fai falla a colaboración de un amplo rango de entidades e colectivos :
Goberno autónomo , concellos , capitanías marítimas , asociacións , clubs náuticos , federacións , centros de ensino e os mesmos propietarios .
E tamén unha aproximación a traballo dende diferentes puntos de vista :
O puramente cultural e etnográfico ; o museográfico ; o social e de apoio a colectivos desfavorecidos ; o de actuación medioambiental nas praias ou portos con embarcacións ; o de estudio da arquitectura naval e as técnicas de utilización , construcción e conservación ; o lexislativo da súa utilización ; o medioambiental ; o puramente deportivo etc..
A cultura asociada a praias , portos e gamelas está fondamente enraizada na Ría de Vigo e debido ao impacto da sociedade industrial estase perdendo . A súa recuperación encaixaría nas liñas da UNESCO de recuperación de patrimonio inmaterial , de mantemento de tesouros vivos de tradicións , habilidades e adaptación ao entorno que non debe morrer cos vellos gameleiros . Cumprindo desgraciadamente un dos requisitos da candidatura a declaración de obra maestra do patrimonio inmaterial : o risco de desaparición .

Posibles actuacións concretas
- Ampliación de detalle na catalogación feita no curso Stella-Equal
- Recompilación de fontes orais , creaciión dunha base de datos técnicos , etnográficos , culturais , de tradición , de nomenclatura , de toponimia , de fonética , de coñecemento do entorno natural..
- Creación dun fondo museográfico e de ppreservación de embarcacións e aparellos de valor singular . Como lugar axeitado proponse a praia da Congorza , situada ao lado do futuro Museo da Balea de Cangas e xusto a carón , ao outro lado de ría , do Museo do Mar de Alcabre .
- Actuacións de recuperación e valorizacción das entornas físicas :
elaboración dunha ruta turística , sinalización , protección e elaboración de paneis divulgativos e informativos sobre as areas de varada ou amarre das gamelas ; recuperación e revalorización arquitectónica das vellas chabolas de aparellos e peiraos de valor histórico ; melloramento das facilidades de varada e fondeo...
- Apoio as carpinterías de ribeira e aseerradeiros existentes e a silvicultura e o coidado dos entornos dos que procede a madeira .
- Fomento da interrelación entre zonas ggameleiras , rutas marítimas ( unha posible ruta náutica ate Montedor, o límite sur dos antigos gameleiros) , encontros de embarcacións , mesas redondas sobre o mundo das gamelas , edición de publicacións divulgativas ou de investigación , creación dunha páxina web conxunta .
- Integración nas actividades de embarcaacións tradicionais galegas .
- Creación dunha escola de navegación enn gamela .
- Oferta de actividades extraescolares nnos centros de ensino .
- Creación de puntos de alugamento de emmbarcacións .
- Relación e contacto con outros tipos dde gamelas : da Guarda , de Caminha , masseiras portuguesas .
- Iniciación de un calendario de regatass e elaboración dun regulamento mínimo , bosquexo dunha regata-símbolo : A Volta as Cíes .

Hosted by www.Geocities.ws

1