ASOCIACION MAR DA PEDRA DE AMIGOS DAS GAMELAS

O 10 de marzo de 2003 comezou un curso ocupacional de reintegración de discapacitados por enfermidade mental .

O curso está organizado polo CERMI e FEAFES - GALICIA e está inscrito na acción formativa " Aprendizaxe en contexto productivo " Iniciativa Comunitaria EQUAL - PROXECTO STELLA . É cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de asuntos sociais da Xunta de Galicia .

O noso taller esta situado na praia do Canabal ( Tirán ) e foi cedido xentilmente polo Sr. Manuel " Pilo " , industrial do mexilón .

Na primeira fase do curso estase realizando un estudio sobre a situación actual da gamela coruxeira , súa distribución , estado das embarcacións etc.. Nunha segunda fase repararase unha gamela seguindo o proceso seguido coa DIANA e se rematará facendo unha experiencia piloto de aproveitamento turístico das gamelas , con cursos de navegación , bautismos de mar e o intento de unha revitalización comercial de esta bela embarcación .

Inicio do curso , estanse cubrindo fichas individuais das gamelas existentes , neste caso en Nerga (HIO-CANGAS) .

As fichas detallan dimensións , aparellos , uso , estado da embarcación e características particulares . Rubén en primeiro plano enche a ficha da Rodrigo .

Hai muiito que recuperar.. Antonio e Michel posan coa Luna , a gamela que nos foi donada .

O mellor apoio é o dos vellos mariñeiros , cargados de saber e historias que contar ..

En Rio Estéiro-Praia de Vilariño , Michel

Daniel e Rubén en Rio Esteiro

No porto de Ameixide

Unha visita ao Salón Náutico de Vigo , co seu director Alvaro Otero

 

Na praia da Congorsa

A Congorsa é probablemente o porto gameleiro mellor conservado de toda a Ría de Vigo .

Facíanse velas e aínda se conserva unha rica tradición oral .

Salgueirón

Eduardo na gamela de Serafín .

Xa recebemos a doazón da LUNA , unha gamela enteiramente construída en madeira maciza , a nosa intención é restaurala seguindo o proceso utilizado coa DIANA , dotala de timón , pau e vela para surcares o mar ( evitando as pedras ) este vrán .

No dique de Cangas

Ainda temos a sorte de ter gamelas no corasón de Cangas...

A praia de Canabal ten ainda unha boa concentración de gamelas , pese a que estanse desguazando por imperativo legal para facer novas construccións e a xuventude non se interesa en elas .Reclamamos o preservamento do patrimonio cultural e o pase automático e non costoso das embarcacións de valor cultural a septima lista .

 

 

O Con (MOAÑA)

Este e noso taller na Praia do Canabal

Estamos seguindo a costa e comenzando coa ribeira sur.....

Calsóa

Fontaíña

Son importantes as chamadas a sensibilidade pública sobre o noso patrimonio marítimo..Tamén o serían as axudas materiais para o seu preservamento .

Panxón

A Ramallosa

O traballo de taller vai progresando , coas nocións básicas de carpintería , a limpeza das vellas capas de pintura da LUNA e a substitución das súas pezas deterioradas .

Dentro das actividades conxuntas cos outros cursiños tamén pertencentes ao proxecto Stella Equal visitamos a aula de informática dos discapacitados físicos

e o taller de carpintería dos discapacitados por síndrome de Dawn..

A humanidade é unha condición única e todos temos algo que aportar..

O traballo continúa , renóvanse e adáptanse as pezas defectuosas , en este caso as cadernas

A taboazón reclavouse totalmente , rechearonse as fallas con resina epoxi mesturada con serrín e cubrimos o casco cun tecido de fibra de vidro impregnado en resina epoxi

Este é o resultado , a embarcación é forte de novo e a madeira queda protexida por unha cuberta impermeábel que a manterá seca e caseque libre de mantemento

Visita dos compañeiros do curso de atención ao cliente e información turística

Despois da capa de fibra de vidro con resina epoxi , repasamos a superficie e a alisamos utilizando aparello acrílico de alto espesor , fácil de lixar e que deixa unha superficie de moi boa calidade .

Ao mesmo tempo estamos a construir o timón , feito de duas taboas unidas por espigos . Estamolle a dar a forma , en este momento baixo a atenta mirada de Antonio Hdez. de FEAFES GALICIA

Remátase o traballo co aparello , píntase con unha imprimación epoxi e voltamos a marcar a liña de flotación aplicando a capa final de pintura de poliuretano na obra morta e patente na obra viva

Este é xa o acabado final do casco . ¡ Bo traballo rapaces !

Tamén facemos algún traballo de patente para habituarse a relación comercial común fora de cursillo .

A caseta do pau e as fixacións da driza

As primeiras probas da vela , relizada na velería de Ramón Albert e Julio Pousa .

A vara ou verga ten que ter a flexibilidade correcta

Probando a vela co veleiro na DIANA

A pintura do interior e cuberta , sobre o epoxi leva unha imprimación tamén de epoxi e unha pintura de poliuretano de un só compoñente

Os remates de pintura

A nos do pau feita en madeira de acacia . O máis correcto sería nogal ou oliveira O timón xa pintado . As agullas na gamela xa están montadas .

O traballo de axuste dos paniles , son os traballos finais ,confiamos en navegar cedo

Preparamos a embarcación para a súa primeira travesía a Cangas

Aparellamos..

E a navegar , ainda estamos probando axustes do aparello e practicando a maniobra

Fixemos unha presentación da embarcación aproveitando a chegada da Volta Naútica a Galicia a Cangas

Esta é a orgullosa imaxe da LUNA coa Choupiña , unha dorna de tamaño similar .

Vanse tirando conclusións do estudio co que comenzamos o curso

Estes son algúns dos nomes recollidos da rica tradición oral dos vellos mariñeiros , especialmente da zona norte da ría de Vigo

Así é como pensamos que eran as velas das gamelas de Cangas . Mirade o tamaño enorme do timón..

Por outro lado , temos en marcha unha asociación que promova a recuperación de las gamelas en la zona de Cangas . Se estás interesado en colaborar ponte en contacto con nos . [email protected]

AGRADECEMENTOS

Hosted by www.Geocities.ws

1