ASOCIACION MAR DA PEDRA DE AMIGOS DAS GAMELAS



Vaia con este homenaxe o noso recoñecemento aos depositarios desa expresión
da cultura marítima Galega que son os gameleiros, mariñeiros de Cangas e
carpinteiros de ribeira de Coruxo. Eles, fondos coñecedores da arte de
construír e navegar a remo e a vela as Gamelas Coruxeiras, teñen nos seus
coñecementos e na súa experiencia profesional unha parte moi importante do
patrimonio inmaterial da Galiza.
Garantir a transmisión, a continuidade, e a adaptación deste patrimonio
aos usos  e utilidades dos tempos presentes e futuros é a responsabilidade
que asumimos na Asociación Mar da Pedra. Invitamos a toda a xente
interesada a subir á bordo e compartir con nós este esforzo por evitar a
desaparición desta embarcación singular da nosa historia e da nosa paisaxe.

PARTICIPANTES

Asociacións de Embarcacións tradicionais da Ría de Vigo

Agasallados : vellos gameleiros , carpinteiros de ribeira ...

Representación oficial

PROGRAMA

10 horas – Recepción de embarcacións e agasallados

12 horas – Regata-paseo

                 Percorrido : Peirao de Cangas- Baliza de Rodeira- Peirao de Cangas

14 horas – Comida agasallo aos participantes

Cinco gamelas a vela surcaron a ría nunha mañán luminosa e tranquila

Así o mirou Raquel , do Atlántico Diario

Dete colle a cana e posiblemente lembra lempos pasados

E así o miróu Cecilia , do Diario de Pontevedra

 

A TVG non fallou e entrevista en directo a Paulino , de Canido

A comida-agasallo contou coas verbas da Concelleira de Turismo

A presencia de Francisco , de Nerga , que doara xentilmente a LUNA

A animación musical a cargo do grupo Mazaroca , do Hio

Mincheiro e Gelito , da Congorza

Mincheiro argumenta técnicas e fasquías dos aparellos

Ignacio , de San Roque , e Gelito , conversan con Alvarito , un dos últimos carpinteiros de gamelas

 

O noso agradecemento aos presentes , quixeramos ofrecerlles unha gamela de ouro desde o fondo do noso corazón pola sua xenerosa experiencia vital e por querer compartila con nos

Hosted by www.Geocities.ws

1