|
Sindo Cerviño
Nace na Coruña (1957). A unha formación autodidacta,
únelle os coñecementos que adquire como alumno de Tomás Barros e no
estudio de Ángeles Ocaña . I Master de Gravado e Estampación
(Fundación CIEC, Betanzos, A coruña, 2003-2004). I e II Cursos de
verán de pintura sobre seda (Berzosa de Lozoya).
No campo do gravado ten realizado no CIEC de Betanzos
cursos de Gravado Calcográfico (impartidos por Jafar T. Kaki),
Técnicas Aditivas (José Rincón); Litografía (Omar Kessel); Técnicas
de estampación(Alejandro Fdez.Aranzo) e Fotopolímeros (2.006
–impartido por Carmen Navarro).
A súa obra foi
seleccionada no XVIII Premio de Gravado Máximo Ramos (Ferrol) e ten
participado en distintas exposicións.
|