A Gallaecia no mundo
Aquí estamos Nós. Soa tan sinxelo coma cando llo dis a alguén que te pisa no autobús, ou cando un amigo ten un problema e queresmos que saiba que poder contar co noso apoio. Pois ben, aquí estamos Nós. Tan sinxelo e tan complicado. Nós. so o feito de dicilo non debera ser ofensivo para ninguén pero... somos mui retorcidos. Dicir tan só que existimos, ben sexa como pobo ou coma nación, traenos grandes discusións
Nun lugar privilexiado, pode haber riqueza, pode haber cultura e pode haber uma lingua propia. Se este lugar privilexiado ten xente vizosa, alegre, espilida e con ganas de luitar polo que é seu; entón calquera querería pertencer a ese lugar.
¿Que somos os galegos? Os galegos somos. Non somos o que diga un papel ou uma teoria nin uma paxina na rede. Cada quen é como é, mais feliz ainda si se achega á sua ideia de como quere ser.
¿E que é a Gallaecia no mundo? A Gallaecia segundo eu a entendo é algo mais amplo que o conceito da Galiza ou Galicia. A Gallaecia a constituen os galegos e galegas de calquera parte do mundo e do tempo. Uma ves, nun brinde, dixo un paisano de Beluso, no concello de Bueu, alá no Morrazo: Seica hai uma illa no pacifico que non ten galego ningún!! -mirou para seu fillo e sua moza- Alguén terá que ir a facela illa entón. I é que é estrano pois non hai terra sen galegos pero si hai galegos sen terra. Temos un pobo que non está orgulloso de si mesmo e que a cidade do mundo que mais galegos ten non está en Galicia senon en Bos Aires. Espallados polo mundo, e divididos.
Non somos un pobo con sorte. Na Arxentina e noutros paises americanos fanse chistes connosco de protagonistas. Para Espanha somos xente pacifica e mesmo un pouco parvos. Para os portugueses a palabra galego é un insulto dos do Sul contra os do Norte. Para Nós mesmos non é pouco habitual que ter demasiado sotaque galego senha motivo de mofas. Tamén se lle di "gallego" a un tipo de lagarto que vive nas beiras dos rios e nada con muita soltura e gracias a Deus que en pouco tempo deixarán de ouvir os nosos corazons a verba gallego coma insulto tipico do servicio militar, pois nós viviremos máis que el. Morre o servicio militar e nós o sobrevivimos, uma pulla que poderemos quitar do peito en poucos anos. Segundo o que di este parrafo somos do pior. Pero esto non é así. Somos un pobo sen orgullo, serio ás veces, carinhoso e acolledor. Abonda na Terra a modestia e a humildade. Non somos violentos. Non somos arrogantes. Vemos a máxia das coisas, do campo, da vila, da cidade, do mar... Vivimos numa terra moi herma. Temos cidades, fragas e vilas. Tamén temos mar.Temos uma terra que adoramos, anhoramos e devecemos. Temos tradiciois fermosas, lendas, divinidades no ar, melodias inexplicables, angostas paixaxens, monumentos á vida e ao tempo e muitas ganas de brilar.
Nós somos os gallaeci e estamos no mundo. En cada lugar. Un pobo tan grande e expandido ten que ter algo que nos una i esto non é outra coisa que a lingua, a Galicia e o noso xeito de actuar. Anque hai quen pensa que os galegos somos uma raza en extincion, temos muito por decir e amosar ao mundo. Ninguén debe ser alleo as coisas boas propias. "Temos" uma terra das mais fermosas do mundo, falamos uma obra de arte Viva, e como todo pobo temos nosas raices das cales endexamais deberamos de nos sentir arrepentidos. Igual o mundo nos ve con malos ollos por que somos nós mesmos os que o facemos. Preservemos o noso, respeitemos o resto, e adaptemonos ao mundo.
O mundo é noso e nós somos do mundo. Fuxiron os Mouros, si, pero quedamos ainda nós e os faremos voltar.
