Breve historia do nacionalismo galego


 

A historia do nacionalismo é un romance cos seus altibaixos entre a cultura e a acción politica. A linha culturalista sempre foi mais aberta e permisiva mentres que a linha politica foi adoutrinadora e firme.

Os inicios do nacionalismo son -segundo tódolos historiadores fiables- xa adentrados neste século, case xa pasado. Antes do nacionalismo propiamente dito non é que non houbese nada, houbo duas fases: o Provincialismo e o Rexionalismo, que xunto coa ideoloxia dalgumas partidas carlistas e outras liberais son todo o que temos de raiz do noso nacionalismo. Xa aqueles primeiros pre-nacionalistas tiveron problemas coa parella cultura-política. E o único enfrontamento serio entre nacionalistas e exercito data do ano 1846 no levantamento de Carral, despois deste alzamento houbo uma forte represion que obrigou a enfocar a laboura nacionalista dende a emigracion e dende a cultura.

O que imos contar non son os precedentes ou precursores dos nacionalistas senon os comezos.

Os comezos podese decir que están mesturados en dous movementos, o movemento labrego para o levantamento dos forose as xuntanzas das irmandades da fala. As irmandades da fala fundaronse en 1916, na primeiras datas do seculo continuaban as ideias provincialistas e rexionalistas. Trala primeira irmandade, propiciada por Anton Vilar Ponte na cidade da Corunha, nacen outras entidades semellantes en outras cidades: Ferrol, Betanzos, Lugo, Monforte... Non tardou o Diario: "A NOSA TERRA" en facerse ideario e medio de comunicacion entre as diferentes irmandades.

Se ben, os comezos deste movemento son no ano 16 en Lugo, ao ano seguinte en Monforte formulase a eterna discusion entre os caminhos a seguir para libertar a Galicia. Ao non chegar a acordo ningún, ao finalizar a asenblea houbo uma escisión. Crearonse a tendencia cultural, fomentada por Risco (que triunfan) e a pólitica, mantida por Porteiro Garea e Peña Novo. Ao longo do dominio da época culturalista, apoiada polo Grupo Nós, cimentase a ideoloxia do nacionalismo.

A dictadura de Primo de Rivera (1923-1929) non influiu máis que na clandestinidade en que se seguiron a realizar os actos culturais. Ao caer a dectadura o movemento nacionalista funda a ORGA (Organizacion Republicana Galega Autonoma), é o ano 1929. Ao chegar a Republica, fúndase o PNG ou PG (Partido nacionalista galego, galeguista) este partido, no seu inicio xuntou as ideoloxias galeguistas numha, eles elavoraron o Estatuto de Autonomia no 1932, aprobado no 1936 polo pobo e no 1939 polo governo espanhol. Nunca se levou a cabo. Nas eleiciois do 36 o PNG presentase pola Frente Popular, organizacion excesivamente esquerdista que fai perigar a union do partido e finalmente a rompe e saen do partido Filgueira Valverde e Risco (antigo ideologo do mesmo) que é sustituido polo xove Castelao como lider do grupo, baixo a atenta mirada do gran Boveda.

O 18 de xullo do 36 ponse fin a todo pensamento afastado da ideia totalitaria de Espanha como unica nacion e unico motivo para vivir que tan pacificamente ofertou o galego Franco e tan rapidamente acabou coas vidas de Boveda, Anxel Casal, Blanco Torres, Martinez Garrido, Victor Casas e Xaime Garrido entre outros muitos.

De mui boa man sabemos que nos dias do alzamento, os insurrectos franquistas tentaron asasinar ou xulgar (para eles o fin era o mesmo) aos membros dos partidos politicos que formaron parte da Fronte Popular (ganhadora das últimas elecciois por aquel entón). En Vigo o dia do alzamento, o destacamento do Castro levou uma ametraladora onda o alto de Alfonso XII e dende alí ametrallou a sé do PNG e logo a saqueou. A curiosidade fixo que entre os soldados houbese un afiliado ao PNG que salvou a lista dos afiliados e mais tarde foi fusilado.

Despois do golpe militar, os galeguistas que quedaron na Galicia con animo de se reunir, fixerono co numero de 48 numha casa de Vigo e decidiron cada un tomar a sua decision e suspender a actividade politica do partido por un tempo. Uns foron ao monte cos maquis, outros foron reciclados e outros ao cabo dun tempo refundaron a resistencia cultural apoiados por Castelao e o PNG do exilio, estes foron os que no ano 50 fundan como sociedade anonima, e polo tanto cuma liberdade de actuacion superior á de calquera outra sociedade a Editorial Galaxia. Foron estes quen sentaron catedra e motivaron o movemento cultural. Cando xurdiu a UPG, nos anos 60, estes acusaronos de inmovilistas e pouco comprometidos por non participar nos boicotes nin nas revoltas ao rexime, pero foron eles os que motivaron que hoxe a realidade galega sexa mais galeguista do que puido ser. Se non fose por estes calados culturalistas, nin o psoe nin o pp entenderían e mesmo apoiarian algumas medidas dignificadoras para o noso pobo que se tenhen feito ate agora.

Co consello da mocidade, a UPG e o PSG (que logo se integrou no psoe) comezou a resistencia mais plauxible e violenta. No 72 saiu a primeira catedra de literatura Galega na universidade de Santiago, no 75 morreu Franco, no 78 saiu esta constitucion, no 81 o estatuto de autonomia que disfrutamos hoxe e a sua normativa apoiada pola Real Academia Galega (ex-gallega :)) e todos ben sabedes como estamos agora.

Asulagan nosos vales, cortan os tetos das nosas vacas, cheannos de plantas de tratacion de basuras onde mellor lles cadra a eles, exprimen a nosa enerxia e a levan pra fora pagando tanto nós coma os que non producen ninguma, fomentan uma politica antiterrorista cando non temos terroristas, matan as nosas verbas, e baixan os pantalois cada ves que en Bruxelas din que hai que levar a terra a Frota Pesqueira.

Como dixo polos primeiros de século o Tio Marcos da Portela:

As miserias que pasamos
os delores que sofrimos
a emigracion que nos mata
e que nos ten consumidos
esta falta de xusticia
que nos ten aterecidos
andando co pico aberto
á esculca do grau de millo
Os aldraxes que nos fan
na siudá e no monecipio
o pagar coma empresareos
p`ra que outros se fagan ricos
debemos tomalo a broma
rirnos todos e mais rirnos
venha un trago companheiros
si non hai pan venha vinho

Esto é o que hai

voltar á Gallaecia voltar á paxina de Heracles

Hosted by www.Geocities.ws

1