O Exilio en América depois da guerra
Se o que vosté busca é a historia do que lle aconteceu a un pobo que emigra a América despois da guerra, como pobo, aqui non ha atopar, pois aqui tratase a parte que viviu unha minoría de intelectuais que constituian o marco culto galego. Quizabes tiveron mais merito os labregos e obreiros que tiveron que emigar... pero desgraciadamente a sua historia non sairá á luz mais que nas suas casas e entre os amigos.
Tamén temos que deixar clara a diferencia entre emigracion e exilio. Nesta páxina imos tratar tan só a pequena historia dos exiliados da guerra. A diferencia entre exilio e emigracion recae en que os emigrantes marchan na procura de cartos ou mellor mundo pero os exiliados marchan por temor ao rexime establecido ou pra salvar a vida e seguir defendendo as suas ideias políticas.
Houbo tamen exiliados en Europa, seica foron estes os que correron pior sorte. Desgraciadamente, non sabemos con certeza o que foi deles anque a lenda popular di que ao escapar a Francia caeron en campos de concentracion como no que morreu Antonio Machado. Tratabase de campos de refuxiados. Estes campos deixaron no seu interior a muitos republicanos cando Alemanha tomou Francia e con estes últimos, correron mui mala sorte.
Na maior parte do territorio español a meirande masa de exiliados parten no ano 39, desgraciadamente, Galiza levaba xa moito tempo, demaisado, baixo o dominio franquista. Os exiliados galegos optan por fuxir en trasatlanticos a América.
- Luis Seoane deixou Galicia nos primeiros dias da guerra
- Rafael Dieste estivo nun campo de concentracion francés e dende alí marchou a America
- A maioria, como Castelao, fuxiron ao rematar a guerra
- Algúns o fixeron na década dos 40 despois de confirmarse a duración do rexime militar
A estancia nos paises de acollida foi para alguns definitiva, outros vagaron por America na procura dun lugar axeitado, tamen os hai que so puideron voltar pra morrer, e os mais mozos volveron despois da caida do rexime.
O problema co que se atoparon muitos escritores era a dubida de empregar o galego ou non facelo ao estar tan lonxe da Terra (Dieste so o emprega de xeito testemunhal). a maioria simultanean publicaciois en galego e en castelán. Tan só Castelao, rodeado sempre dos seus seguidores escribe so en Galego como si estivese en Galicia.
De todolos lugares a onde foron os exiliados, o mais atractivo foi Bos Aires pola sua cultura galega e movimentos politicos e culturais que fixeron dela uma segunda Galicia. Destacan tamen os mecenas dos literatos galegos que alí habían, entre outros destaca Manuel Puente, o eterno Protector de Castelao.
Sendo esto así, non é de estranar que a maioria dos exiliados se axuntase nesta cidade e a usasen como centro emisor da cultura galega para toda América (Suarez Picallo, Lourenzo Varela, Luis Seoane, Maruxa Mallo, Rafael Dieste, Basilio Alvarez e Castelao entre outros muitos acabaron nesta cidade).
Os Emigrantes, que eran despreciados pola xente culta portenha enorgullecense da chegada dos literatos e cultos galegos. A Terra quedou coma un hermo cultural, a cultura galega so sobrevive en Bos aires. Os exiliados ven a Guerra mundial como a esperanda de que os Estados Unidos boten a Franco do poder e asi poder volver eles á Terra. Os Estados Unidos usan a Franco como oposicion ao comunismo que medraba en Europa e o mantenhen no poder.
Xa no ano 40 Seoane funda e Editorial Nova, que publicou alomenos 30 libros en galego. Houbo un albor da literatura galega que foi calando a medida que chagaba o ano 50. No momento en que ganhan os Aliados a guerra e mantenhen a Fanco no poder comeza a pensarse na instalacion definitiva no exilio e crece o pesimismo. Un pesimismo que medra dende o 45 progresivamente ate que no 50 morre Castelao, a colonia atopase acefala e desorientada, o pesimismo desborda as cabezas. A cultura galega en Bos Aires more aos poucos. As relacions co galeguismo clandestino en Galicia romperanse pouco antes da morte de Castelao. Asi, totalmente desarraigados comezan a preparar o caminho á morte ou o caminho de volta pra Terra metendo as ideias politicas onde lles caibesen. Pero eles xa fixeran a sua parte, no 50 cos cartos do exilio, fundase en Galicia a Editorial Galaxia, o hermo cultural galego cesara e abrese un tempo de culturalización que so se pode apoiar no traballo feito polos exiliados. Cumpriran a sua función, salvaran a nosa cultura.
Dambolos xeitos, os que seguiron exiliados, no ano 54 boicotearon a Reunion na que se admitiu a Espanha na UNESCO. É enton cando publican: "Denuncia diante a Unesco da perseguizon do idioma galego pol-o Estado Hespañol" en tres idiomas (Galego, Frances e Ingles)
No 56 celebrase o I congreso da emigracion galega en Bos Aires ao que acuden galegos dende toda america e mensaxes dende Galicia de Otero Pedraio, Carvalho Calero e Cabanillas.
No ano 57 fanse varias coisas importantes, entre outras fundase a revista que todos nós, internautas, conhecemos: O Patronato da Cultura Galega da cidade de Mexico funda a mellor revista do exilio, "Vieiros" Continuada dende Ferrol en www.vieiros.com e eixo do galeguismo na rede. Neste ano Seoane funda en Bs As a Editorial Citania, na que se publicarian a Esmorga entre outros libros.
Nos 60 comeza o goteo de autoridades intelectuais que regresan a Galicia co aperturismo do rexime. Galicia xa non depende culturalmente tanto do exilio coma antes.
No 75 acaba oficialmente o exilio. Os que non regresan é por que ou ben morreron neste tempo ou por que tanto tempo no exilio fai nacer raices familiares e de todo tipo nos lares habitados e é xa mui tarde para volver.
Deus valore o que fixeron por Nós
