Partido 10

 

Data: Venres, 17 de Nadal de 2004.

---------- :: Datos do Encontro :: ----------

Hora de comezo: 20.30 horas
Hora de finalización: 22.30 horas
Tempo xogado: 1 tempo completo de dúas horas aprox.
Incidencias: Tarde fresca con insistente chuvia.
Campo: Fútbol 7
Balón: Nike "90" LFP
Reportaxe gráfico: ---

---------- :: As Equipas :: ----------

GALIZA KORPS

logo equipa

no image
1. Etoo 2. Hugo 3. Jose Manso
no image
4. Krisko 5. Kus 6. Morgui
 

SELECCIÓN DIDÁCTICA

logo equipa

foto
1. Eriq 2. Jose 3. Marco
foto foto foto
4. Miguel 5. Nacho 6. Xabi

 

---------- :: O Partido :: ----------

GALIZA KORPS   22 - 31  SEL. DIDÁCTICA

Crónica

Debido a causas de desacordo entre partes, amoso unha nova Crónica do Partido, feita dende o maior punto de vista imparcial posíbel.

O partido comezou cun Etoo medio lesionado na porta do equipo estudantil como principal novidade, e con Eriq e mais Jose nas ringleiras do equipo dos mestres. Nestres primeiros minutos, os alumnos achegáronse ata tres veces á porta do rival, na que encaixaron os tres goles. Co asentamento dos didácticos no campo comezou a remontada, con ataques de Xabi chegamos ao 3-2, e a continuación comezou a polémica goleada de Eriq, pichichi dos didácticos, onde ambas partes están en desacordo coa situación do extremo esquerdo, afirmando uns a total legalidade, e outros claras ocasións de fóra de xogo. Con esta temática proseguiu o partido, onde do que se debe citar a espléndida actuación de Etoo baixo os paus, sendo case ao final substituido para dar xogo arriba.

O equipo dos mestres basou o xogo no rápido contragolpe, creando xogadas atrás a partir do xogo de Marco e Miguel, tendo case no medio a Nacho, para axilizar o xogo estaba Jose, e arriba Xabi e Eriq para culminar o ataque. O equipo aínda así basou este esquema, e case tódolos xogadores interviron nalgún momento no ataque. Sobre todo é salientábel destacar as galopadas de Jose ao ataque e os 'carallazos' cos que golpeaba contra a meta rival.

O xogo do equipo estudantil foi parecido, arriba estaban Morgui e Kus no ataque, un chisco máis atrás encontrábase Jose M. e defendendo estaban Hugo e Krisko, xunto co meta Etoo, e as paradas xa comentadas. Realmente esta plantilla sufriu varias inconvenencias, por exemplo a lesión de Jose M. Aínda así, o equipo tentou levar adiante o xogo, máis a punta non estivo ben definida, sobre todo polas kuitas emprendidas en defensa polo didácticos.

Aspectos curiosos do partido foi por exemplo o barrido de Jose a Krisko, o posterior ataque de ira e rábia deste xogador ao non poder culminar unha acción de gol, ou as alusións a Marco de "porteiro da selección de paralíticos". Aínda así, foi un partido bonito no que dominou o bo fútbol, pero no que de novo volveu a destacar o bo xogo emprendido polos mestres, e polo tanto, a razoable diferencia no resultado final.  

Reportaxe Gráfico
   

---------- :: Post - Partido :: ----------

Comentarios:

Cea aplazada de momento.
imaxes      
       
       

O Sitio de Krisko. 2004

O Sitio
de Krisko
 
ABEGONDO
PURILADAS PROJECT
PÓSTERS
POLÍTICA
CULTURA GALEGA
COUSAS... POR KRISKO
ENLACES KRISKO.TK
CONTACTO
FoRO
 

 



 
 
1