|
Segunda foto con Anxo Quintana
-
A Coruña, 22 de xullo
Poño á disposición dos usuáres de O Sitio de
Krisko distintas imaxes do día 20 de xullo. As imaxes mostran
o acontecido ao longo da tarde, desfasando un chisco e do mesmo xeito
cóntanse tamén fotos da charla-coloquio que deu o líder do BNG Anxo Quintana
no local social do Circulo de Artesáns de A Coruña.
A tarde comezou diante da empresa hespañola
"El Corte Inglés", onde se produciu o encontro con Viqueira. A
continuación fomos a tomar algo e posteriormente aos billares de Río
para proseguir despois tomando algo.
Ás 21.00, e tras varios "simpa's", comezaba
no Círculo de Artesáns unha conferencia de Anxo Quintana sobre o novo
Estatuto de Nación que defende o BNG para o País. A conferencia durou
unha hora aproximada e rematou cunha acometida de perguntas sobre o tema
ao dirixente nacionalista.
Ao remate da sesión, Anxo, sempre amábel,
accedeu a se faguer unha nova foto para esta páxina, sendo por tanto
esta a segunda foto oficial con Quintana, e o terceiro encontro oficial
de Krisko con el (mitin, Parlamento e aquí).
Unha aperta, amigo Quin, que sei que nos
les.
Imaxes 8 imaxes
|