|
Ediçom galega luxista
Krisko: Bueno Etoo, estou moi agradezido por concederme á
minha página ista espléndida entrevista em esclusiva e adicarme a
min e aos meus internautas, parte do teu tempo, para che conhecer un
pouco melhor e saver un pouco sobre esa viage que has faguer.
Etoo: Nom é nada... grazas a ti por conçederme un espaço no teu
web... a verdade é que ja me tes pluriempleado: antes coas prévias,
cos posters xunto a Jose e agora de corresponsal em Edimburgo
Quando será a tua partida ao estranxeiro?
Pois o día 15,
o que pasa que todavía nom me avisaron cando empeço a trabalhar
Mimadriña, ainda non che avisaron?
Nom... estou aguardando a chamada da axencia... que espero que sexa
esta semana,
pero aínda
así, marcharei o día 15 para irme ambientando alá aínda que nom
empeçe a currar daquela.
Xa contactaches coa familia?
Sim, falo con
iles polo Messenger de cando en veç... parescen moi boa xente...
mira que o dia que explotaron umhas bombas en Madrid nas
gasolinheiras, quando me conectei pregutaronme se estaba ben, se non
habia ninguén conhecido alí e tal... e nada, logo felicitámono-lo
Nadal, mandolhes fotos... e me entendo con iles coma podo.
E quanto te cobran por estar alí?
100 libras por
semana... que non tenho nim puta idea de quanto é en euros pero
suponho que umha pasta... pero boeno, estiven consultando o preço
dos alonxamentos en famílias alí e case nom hai diferença en quanto
ao preço.
Me ‘cagho’ na cona, é toda umha pasta!, son 141.356 EUR
Pois
mira...
E non che parece umha tangada?
Sim... pero boeno umha vez alí xa regatearei o preço un chisco...
pero boeno di que sei que vou a estar a gusto nesa família que son
boa gente e van face-lo possivel para que estea cómodo porque
conhecinos grazas a umha amiga (a que me convenceu para ir alá)... e
pareceume mellor ir a algo que xa coñece alguén de confianza para
min como é minha amiga... que ir a un sitio onde me manden os desta
agencia.. que non conhezo a ninguém.
Etoo falanos un pouco de Edimburgo... é unha grande cidade ou máis
ben unmha vila... que sabes?
De
Edimburgo sei que é a capital de Escócia e que é unha cidade non moi
grande, un pouco máis grande que A Crunha, segundo lím tem 500 000
habitantes máis ou menos. Sei que tem um castelo que ao parescer é
moi bonito. Está empraçada entre umhas colinas ou algo así, e que
tem umha espécie de ría chamada Firth of Forth... creo que é algo
así como Ría do Forth (um río que pasa por alí)... pero a verdade
nom sei muito.
Quédache moi lonxe o trabalho da casa?
Nom
o sei... o que si que sei é que a escola ténha ao lado.
Escola?
Sim
claro... porque ademáis de currar vou estudar inglés.
Ai, tanto inglés, … cres que ao teu regreso esa família terminará
falando galego?
jajajajaja iso espero, polo menos eu vouno intentar
Vaiamos ao serio, que pensas sacar de positivo desa importante
viage? (a escala persoal)
Pois
a verdade... vou reflexionar que faguer, que estudar para o ano que
vén… se é que atopo algo que me goste, pero aparte diso... espero
madurar, aprender a vivir neste mundo sen meus pais atrás de min...
e como nom, conhecer gente nova, e visitiar esa terra que dende
cativo chamoume moito a atençom: a terra do lago Ness, das gaitas, a
de William Wallace... e que máis tarde descubrín que eran lonjanos
parientes nosos... ja que compartimos um pasado.
É possivel que tras esta viage poida que nun futuro desexes
permanescer de modo estavel en Escocia?
Tal
veç... do mesmo modo que pode que desexe máis viagems... sem ir máis
lonje estou planeando umha viage das mesmas características a
Francia para o ano que vén, se é que non decido aínda o que
estudar... de momento isto son 6 meses... pero espero que cada vez
seja máis... e quero conhecer máis mundo, nom descarto cruza-lo
“charco” algún día para vivir umha esperiencia parescida... nom de
vacacions como ja estiven.
É possivel que a esperiencia seja negativa e que eses 6 meses se
convertan na metade ou menos?
Tamén é possivel... pero tenho que aguantar alí como seja... para
demostrarme a min mesmo que son capaz.... sei que non van ser 6
meses fáciles, ninguém me dijo que o fosen... pero farei o possibel
para que a minha volta seja en junho e nom antes...
Esperamos ver outro Etoo en junho?
Mmm... pois nom o sei... eu espero seguir sendo o de sempre á minha
volta.. o que está claro, é que nada volverá a ser egoal... hai umha
frase dumha película que ao final di "¿¿¿ como retomar o fío de toda
unha vida???", fijo que algúm ja sabrá que película é... pero boeno,
o caso é ese... nada volverá a ser egoal...
Cicais preferirás o té á Estrella Galicia?
jajajjjaja
Eses gustos nunca cambian, suponho.
Home o té creo
que é ás 5... Estrella Galicia, a qualquera hora
Indaguemos un pouco sobre o teu pasado… A que dedicabas estes
últimos meses?
A que me
dedicaba?...
pois
de setembro ata estas datas… boeno máis bem mediados de outubro ...
intentei sacar o carnet de conduzir... felizmente o dia 29 de Nadal
conseguino... os dous exames (teórico e práitico) á primeira... e a
ir a clases de inglés...
Tenho entendido que tambén jogabas ao futébol
A
verdade é que estos últimos meses bastante pouco porque tiven umha
lesión de jeonlho, que aínda que nom foi moi grave, impediu que
puidese jogar... e ademáis que estes 3 meses ninguma equipa quixo
tramita-la minha ficha federativa porque no lhes pagaba a pena que
só jogara 3 meses.
Pero si seguiches á fronte de JC
Si,
e dos "Galiza Corps" (como ti lhes chamaches)... a selección de
estudantes que jogamos contra os mestres (aos que lhes mando um
saúdo )... e boeno, ja puiden despedirme das dúas equipas...
Cres que estas equipas perderán potencial coa túa saída?
Pregunta comprometida... se digo que sim, ja vexo á gente dicindo
“que creído nom sei que...” jajajaj asim que casi melhor prefiro que
outros respondan a iso... pero a verdade sinceramente eu creo que
nom porque eu num partido o que podo tocar son 30 balóns o día que
máis.... e son bastante individualista... e perdo moitos balóns. Em
“Galiza Korps” non creo que perda potencial porque está Adry, que el
sim que pensa máis em distribui-lo jogo que eu e ten muita máis
forza e resistença ca min.
E en JC están
Hugo e Jose que si o toman en sério, podem tirar da equipa
perfectamente.
Acaso quítaste mérito?
Non ten mérito
empurrar un balón a uMha portería, é o que fago eu...
Eu o comprendo perfectamente xDD
Jajaj sendo sinceros... si que me currei algunha que outra jogadiña
goapa... pero o resto é só empurrar o balón, tal veç si botem de
menos eses 10 ou 12 balóns que empurraba ao fondo da rede, pero é
fáçil atopar a alguém que faga iso, eu creo que, por ejemplo,
Morgade encaijaría bem em JC.
Seguindo esta linha... queres continuar practicando o futébol alá?
Sim claro..
de
feito en quanto aterriçe alí quero buscar umha equipa quanto
antes... aínda que non creo que tenha demasiado tempo para
entrenar... pero gustaríame probar sorte nalguma equipa.
A deciçóm de marchar foi dura ou non te plantejaste o que deijabas
atrás?
Simplemente a segunda... levo muitos anos dicindo que me iba da casa
en quanto cumplira os 18... e tambén son muitos anos ja sonhando en
irme e viajar polo mundo, pero boeno... si me parara a pensar o que
deixo atrás... nom me iría nunca.. entón agora é o momento de faguer
estas loucuras... porque sim nom as fago agora.. quando as vou
faguer?? quando esté faguendo umha carreira ?? di que hai os erasmus
estes pero aínda así, dixéronme que era fodido conseguilos.... cando
teña um traballo?? etc... este é o momento de irme. Aínda que
boeno... escollím um sitio moi parescido á miña terra... Escócia e
Galiza teñem um clima parescido aínda que Escocia sexa máis frío...
as paisajems segundo me contaron som máis ou menos egoais...
Aínda así... pode ser que decidas viajar a Oriente (coma min, por
ejemplo, a Japón) ?
Nunca se sabe a onde te leva a vida... uns versos moi conhecidos
din.. "caminhante non hai caminho, faise caminho ao andar..." aínda
que agora nom entre nos meus plans irme a esas terras... nom
descarto que num futuro haja unha visita a terras orientaes.. o que
si entra na minha cabeça e o dijem antes, é cruza-lo “charco” e ir a
América, a Centroamérica ou Sudamérica, de voluntario cumha ONG.
Pero boeno, iso aínda está por vir... a minha cabeza está posta
agora nesta viage.
E ao mellor volves decidio a estudar algo e acabouse a teima de
viajar, non é?
Ao
melhor... pero boeno, a viaje a Latinoamérica pensoo faguer aínda
que seja durante um verán ou varios seguidos...
E ti cres ou esperas que che vaian visitar alá? ou preferirias que
nom fose ninguém? ou... ?
Minha nai díjome que en Semana Santa vai vir... o caso é que en
Semana Santa vaise petar aquilo porque algúis dos meus amigos tamém
me dim que veñem a visitarme alí... aínda que ao final se quedará
todo nas palavras como é habitual, pero a min dame egoal quen
venha... sempre é agradavel ver caras conhecidas quando viajas.
Ja por último, que pensas faguer no teu tempo libre?
Para
empezar espero faguer amigos aló para poder pasar meus tempos livres
com alguém... e boeno espero faguerme algumha escapadinha de fin de
semana... a conhecer todo aquilo... alí está o lago Ness que dende
cativo chamoume moitísimo a atençom com iso da lenda de Nessy... e
boeno espero poder visitar tamén o resto, incluso ir a Londres ums
días.
Boeno Etoo, isto é mais que suficiente, non che roubo máis tempo,
moitas grazas pola entrevista, e sorte na tua viage !
Grazas
a ti por concederme un espaço na túa página
Volver |