Entrevista a Etoo
Edición galega

Krisko: Bueno Etoo, estou moi agradecido por concederme á miña páxina esta espléndida entrevista en exclusiva e adicarme a min e aos meus internautas, parte do teu tempo, para che coñecer un pouco mellor e saber un pouco sobre esa viaxe que has faguer.

Etoo: Non é nada... grazas a ti por concederme un espazo no teu web... a verdade é que xa me tes pluriempleado: antes coas previas, cos posters xunto a Jose e agora de corresponsal en Edimburgo.

Cando será a túa partida ao estranxeiro?

Pois o día 15, o que pasa que aínda non me avisaron cando empezo a traballar.

Mimadriña, ainda non che avisaron?

Non .. estou agardando a chamada da axencia... que espero que sexa esta semana, pero aínda así, marcharei o día 15 para irme ambientando alá aínda que non empece a currar daquela.

Xa contactaches coa familia?

Si, falo con eles polo Messenger de cando en vez... parecen moi boa xente... mira que o dia que explotaron unhas bombas en Madrid nas gasoliñeiras, cuando me conectei pregutaronme se estaba bien, se non habia ninguén coñecido alí e tal... e nada, logo felicitámono-lo Nadal, mandolles fotos... e me entendo con eles coma podo.

E canto te cobran por estar alí?

100 libras por semana... que non teño nin puta idea de cánto é en euros pero supoño que unha pasta... pero bueno, estiven consultando o prezo dos aloxamentos en familias alí e casi non hai diferenza en canto ao prezo.

Me ‘cagho’ na cona, é toda unha pasta!, son 141.356 EUR

Pois mira...

E non che parece unha tangada?

Si... pero bueno unha vez alí xa regatearei o prezo un chisco... pero bueno di que sei que vou a estar a gusto nesa familia que son boa xente e van face-lo posibel para que estea cómodo porque coñecinos grazas a unha amiga (a que me convenceu para ir alá)... e pareceume mellor ir a algo que xa coñece alguén de confianza para min como é miña amiga... que ir a un sitio onde me manden os desta axencia... que non coñezo a ninguén.

Etoo falanos un pouco de Edimburgo... é unha grande cidade ou máis ben unmha vila... que sabes?

De Edimburgo sei que é a capital de Escocia e que é unha cidade non moi grande, un pouco máis grande que A Coruña, segundo lín ten 500 000 habitantes máis ou menos. Sei que ten un castelo que ao parecer é moi bonito. Está emprazada entre unhas colinas ou algo así, e que ten unha especie de ría chamada Firth of Forth... creo que é algo así como Ría do Forth (un río que pasa por alí)... pero a verdade non sei moito.

Quédache moi lonxe o traballo da casa?

Non o sei... o que si que sei é que a escola téñoa al lado.

Escola?

Si claro... porque ademáis de currar vou estudar inglés.

Ai, tanto ingles, … crees que ao teu regreso esa familia terminará falando galego?

jajajajaja iso espero, polo menos eu vouno intentar

Vaiamos ao serio, que pensas sacar de positivo desa importante viaxe? (a escala persoal)

Pois a verdade... vou reflexionar que facer, que estudar para o ano que vén… se é que atopo algo que me goste, pero aparte diso... espero madurar, aprender a vivir neste mundo sen meus pais atrás de min... e como non, coñecer xente nova, e visitar esa terra que dende cativo me chamou moito a atención: a terra do lago Ness, das gaitas, a  de William Wallace... e que máis tarde descubrín que eran lonxanos parientes nosos... xa que compartimos un pasado.

É posibel que tras esta viaxe poida que nun futuro desexes permanecer de modo estabel en Escocia?

Tal vez... do mesmo modo que pode que desexe máis viaxes... sen ir máis lonxe estou planeando unha viaxe das mesmas características a Francia para o año que vén, se é que non decido aínda o que estudar... de momento isto son 6 meses... pero espero que cada vez sexa máis... e quero coñecer máis mundo, non descarto cruza-lo “charco” algún día para vivir unha experiencia parecida... non de vacacions como xa estiven.

É posibel que a experiencia sexa negativa é que eses 6 meses se convertan na metade ou menos?

Tamén é posibel... pero teño que aguantar alí como sexa... para demostrarme a min mesmo que son capaz.... sei que non van ser 6 meses fáciles, ninguén me dixo que o fosen... pero farei o posibel para que a miña volta sexa en xuño e non antes...

Esperamos ver outro Etoo en xuño?

Mmm... pois non o sei... eu espero seguir sendo o de sempre á miña volta.. o que está claro, é que nada volverá a ser igual... hai unha frase dunha película que ao final di "¿¿¿ como retoma-lo fío de toda unha vida???", fixo que algún xa sabrá que película é... pero bueno, o caso é ese... nada volverá a ser igual...

Cicais preferirás o té á Estrella Galicia?

jajajjjaja

Eses gustos nunca cambian, supoño.

Home o té creo que é ás 5... Estrella Galicia, a calquera hora

Indaguemos un pouco sobre o teu pasado… A que dedicabas estes últimos meses?

A que me dedicaba?... pois de setembro ata estas datas… bueno máis ben mediados de outubro ... intentei sacar o carnet de conducir... felizmente o dia 29 de Nadal conseguino... os dous exames (teórico e práctico) á primeira... e a ir a clases de inglés...

Teño entendido que tamén xugabas ao fútbol

A verdade é que estos últimos meses bastante pouco porque tiven unha lesión de xeonllo, que aínda que non foi moi grave, impediu que puidese xogar... e ademáis que estes 3 meses ningún equipo quiso tramita-la miña ficha federativa porque no lles pagaba a pena que só xogara 3 meses.

Pero si seguiches á fronte de JC

Si, e dos "Galiza Corps" (como ti lles chamaste)... a selección de estudantes que xogamos contra os mestres (aos que lles mando un saúdo )... e bueno, xa puiden despedirme dos dous equipos...

Cres que estes equipos perderán potencial coa túa saída?

Pregunta comprometida... se digo que si, xa vexo á xente dicindo “que creído non sei que...” jajajaj asi que casi mellor prefiro que outros respondan a iso... pero a verdade sinceramnte eu creo que non porque eu nun partido o que podo tocar son 30 balóns o día que máis.... e son bastante individualista... e perdo moitos balóns. En “Galiza Korps” non creo que perda potencial porque está Adry, que el si que pensa máis en distribui-lo xogo que eu e ten moita máis forza e resistencia ca min. E en JC están Hugo e Jose que si o toman en serio, poden tirar do equipo perfectamente.

Acaso quítaste mérito?

Non ten mérito empurrar un balón a unha portería, é o que fago eu...

Eu o comprendo perfectamente xDD

Jajaj  sendo sinceros... si que me currei algunha que outra xogadiña guapa... pero o resto é só empurrar o balón, tal vez si boten de menos eses 10 ou 12 balóns que empurraba ao fondo da rede, pero é fácil atopar a alguén que faga iso, eu creo que, por exemplo, Morgade encaixaría ben en JC.

Seguindo esta liña... queres continuar practicando o fútbol alá?

Si claro.. de feito en canto aterrice alí quero buscar un equipo canto antes... aínda que non creo que teña demasiado tempo para entrenar... pero gustaríame probar sorte nalgún equipo.

A decision de marchar foi dura ou non te plantexaste o que deixabas atras?

Simplemente a segunda... levo moitos anos dicindo que me iba da casa en canto cumplira os 18... e tamén son moitos anos xa soñando en irme e viaxar polo mundo, pero bueno... si me parara a pensar o que deixo atrás... non me iría nunca.. entón agora é o momento de facer estas loucuras... porque si no as hago agora.. cando as vou facer?? cando esté faciendo unha carreira ?? di que hai os erasmus estes pero aínda así, dixéronme que era fodido conseguilos.... cando teña un traballo?? etc... este é o momento de irme. Aínda que bueno... escollín un sitio moi parecido á miña terra... Escocia e Galiza teñen un clima parecido aínda que Escocia sexa máis frío... as paisaxes segundo me contaron son máis ou menos iguais...

Aínda así... pode ser que decidas viaxar a Oriente (coma min, por exemplo, a Xapón) ?

Nunca se sabe a onde te leva a vida... uns versos moi coñecidos din.. "caminante non hai camiño, faise camiño ao andar..." aínda que agora non entre nos meus plans irme a esas terras... non descarto que nun futuro haxa unha visita a terras orientais.. o que si entra na miña cabeza e o dixen antes, é cruza-lo “charco” e ir a América, a Centroamérica ou Sudamérica, de voluntario cunha ONG. Pero bueno, iso aínda esta por vir... a miña cabeza está posta agora nesta viaxe.

E ao mellor volves decidio a estudar algo e acabouse a teima de viaxar, non é?

Ao mellor... pero bueno, a viaxe a Latinoamérica pensoa facer aínda que sexa durante un verán ou varios seguidos...

E ti cres ou esperas que che vaian visitar alá? ou preferirias que non fose ninguén? ou...?

Miña nai díxome que en Semana Santa vai vir... o caso é que en Semana Santa vaise petar aquilo porque algúns dos meus amigos tamén me din que veñen a visitarme alí... aínda que ao final se quedará todo nas palabras como é habitual, pero a min dame igual quen veña... sempre é agradabel ver caras coñecidas cando viaxas.

Xa por último, que pensas facer no teu tempo libre?

Para empezar espero facer amigos aló para poder pasar mis tempos libres con alguén... e bueno espero facerme algunha escapadiña de fin de semana... a coñecer todo aquilo... alí está o lago Ness que dende cativo chamoume moitísimo a atención con iso da lenda de Nessy... e bueno espero poder visitar tamén o resto, incluso ir a Londres uns dias.

Bueno Etoo, isto é mais que suficiente, non che roubo máis tempo, moitas grazas pola entrevista, e sorte na tua viaxe !

Grazas a ti por concederme un espazo na túa páxina

Volver

 

O Sitio
de Krisko
 
ABEGONDO
PURILADAS PROJECT
PÓSTERS
POLÍTICA
CULTURA GALEGA
COUSAS... POR KRISKO
ENLACES KRISKO.TK
CONTACTO
FoRO
 

 



 
 
1