|
O día 26 decidimos
voltar á 'Cupula do botellón', lugar secreto achado por Jose, onde
estamos alí e facemos paridas. Nunha primeira instancia, estivemos
Jose e mais eu, xunto coa novidade do primo Alfre, que de
seguro volverá. Despois do aprovisionamento nun supermercado dunha
compañía galega (omitimos a publicidade), fumos ao santuario, rodeado
dun paraxe natural incomparábel. A continuación chegou a segunda parte
do grupo: Eriq, Deez, Miwel e Mon. Alí estivemos, e por suposto
aproveitamos para sacarmos fotos e xogar ao futébol. Unha festa que
durou unha boa parte da noite e que rematou coa chegada dunha densa
néboa. A segunda parte do grupo foise a unha Festa de Dereito, Jose
voltou á casa, e meu primo e mais eu fumos pra a miña casa. O finde
próximo, máis.
|