|
O pasado día 31 de Nadal
de 2004 ás 21.20 horas, chegaba Krisko cargado cunha tortilla, con
turrón, con embutidos variados, cunha botella de Cava de 12 anos e
outra de Pepsi e cun
fuet á casa de Eriq de Riazor, onde agardaban Jose e o citado Eriq.
Comezaba así a celebración do Ano Vello do 2004 e o Aninovo do 2005, que duraría ata
nada menos que as dúas da tarde do día seguinte. A continuación
procederon a cear así rápidamente e xogar unhas partidas ao Gamecube
cedido por Deeez á causa (cabe citar que Krisko non xogou nestes
intres por falta de motivación). Sexa tal a cousa chegou a hora das
campanadas, e fixemos conexión coa Puerta del Sol de Madrid (Hspaña)
mediante a canle TVE-1. Alí estaban Ana Obregón e máis Ramón García. O
aclamado momento do ' feliz 2005... ' chegou despois de 12
campanadas nas que Jose inxeriu coma 30 uvas. Aínda así, nun primeiro
momento a citada Ana Obregón por pouco chafa a agardada rima dicindo 'feliz
año', mais a intervención de Ramón García foi crucial para poder
dizer "por el culo te la hincooooo!!". Pasado o momento, Eriq
procedeu a poñerse guapo e pirarse, o cal deixaba a casa a Jose e a
Krisko, que aproveitaron para ver unhas intersantes fotos de Pacios
e posteriormente unhas partidas ao Mario Kart. Pasados eses
ratos, chegou un dos momentos máis interesantes, o momento no que
Krisko amosaba de modo púbrico o seu abandono ao abstemismo inxerindo
Vodka Eristoff. Ao ratiño chegou Eriq con Deeez e retomouse o
tema da consola e o tema do Vodka, deixando Krisko abraiada á
xente. Como curiosidade cabe destacar a insistencia de Eriq en faguer
falar baixo ao grupo, porque debaixo vivía unha vella á cal lle
morrera o marido (ao cal Krisko, cicais afectado un pouco polo vodka, soltou unha bestiada...
relacionada cun botellazo...). A continuación comezaron con proxeccións de
películas coma 'Frikis buscan incordiar' ou 'Isi Disi'
entre outras. Da que non nos podemos esquecer é de "Cleopatra 2: La
leyenda de Eros" (véxase nas fotos unha primeira imaxe de
admiración pola proxección e logo unha captura do film). Xa case ao
amencer chegaron Mon e Miguel e a cousa seguiu coma ata o momento.
Pódese dizer que alcol, xogos e cine foi unha especie de
círculo que se foi sucendendo constantemente. Ao abrir o día, Mon
abandonou a expedición e o resto procederon a saír á rúa a 'dar un
voltio' e xa de paso almorzar. No paseo atopáronse con Lema, Hugo,
Cora e máis Marta. Despois de ir tomar un chocolate con churros nas
inmediacións de Riazor, o grupo tornou ao piso con Cora e mais Marta.
Sinto decepcionar ao leitor se pensa que a continuación houbo unha
orxía ou algo así porque non foi tal, ninguén tampouco estaba moi
afectado polo alcol... Ao tempo xa foi o mediodía e procederon a
limpar aquilo un pouco e clausurar o cabodano, sobre as dúas da tarde
do xa 1 de xaneiro do 2005. Dende aquí agradecer a Eriq o préstamo do
piso.
|