Un paseo polo barrio surleste de Santiago de Compostela xullo 2002 Analise léxica substratos preindoeuropeos substratos céltico superestrato xermánico superestrato árabe anglicismos castelanismos Decidinme a aproveitar o sol que acababa de se asomar, despois de tanto días de choiva, orballo e ceos grises. Como tiña pensado dar un paseo longo, tanto na vila como á herba, cambiei a roupa e puxenme unha camisa lixeira de algodón sen manga e pantalóns curtos vermellos, deses que se usaban para fútbol hai como vinte anos. Ao saír do piso, atranquei a porta, e baixei a escaleira a modiño, a man collida fortemente á varanda, ollando os banzos húmidos por mor do fregadeiro recente, porque non faltaba máis que esborerexer e caír catro andares esmagado polo meu propio peso no chan. Ao camiñar polo barrio, vin dous rapaces sentados nun banco debaixo dun toldo que lles daba sombra protectora dos raios soleiros, cada vez máis intensos, diante dun restaurante. Na mesa, vin algúns restos da sopa que acababan de comer, unha de berzas ou acelgas con anaquiños de cenoria, cebola, apio e xarrete para lle dar sabor. Noutro prato aínda quedaban unhas faticas finas de berenxena, adobadas de aceite e vinagre. O mozo traíalles uns espetos de cachiños de carne asada, adobada de pirixil, pementos, cebola e ao mellor algún tipo de preve, mentres os dous rapaces escanciaban, con moito abeto, un viño tinto, servido nunha garrafa elaborada dunha porcelana branca, pintada con acios de uva e follas de parra. Ao pé do restaurante, había un edificio en obras, onde unha morea de albaneis, vestidos de azul, facían reformas nos alicerces, e enriba, nunha azotea poñendo baldosas. Outros, dentro das cociñas, puñan azulexos, ou montaban tabiques nunha alcoba. Como era unha casa vella e grande, íana dividindo para facer pisos, ou así me pareceu. Antollóuseme pasear ata a Igrexa Santa María do Sar, porque alí hai menos algarabía dos turistas e maís tranquilidade e espacio aberto. Como vou pensando en comprar regalos e como nunca dou escollido o artigo desexado, ao baixar a Rúa do Sar de Afora e ao ver o escaparate dunha xoiería, ocorréuseme que algunha alfaia iría ben como agasallo para a miña amiga e maila miña nai, porque aínda que non lles gustase, tería algo de valor. ¡Cantas cousas vin! Alfinetes de ouro e de acibeche, nunca comprara nada de acibeche, algo tan vencellado a Santiago, quizáis será unha boa escolla, ou unha pulseira de prata, ou unha figura dun xinete asiático tallada de marfil, ou máis ben outras de porcelana, esas de Sargadelos, pintadas de azul, coas súas formas únicas. Miña amiga ten unha colección enorme de Lladró e voulle ter que comprar unha campá de Nadal, ese élle o meu obsequio de Nadal habitual. Para min, xa me comprei unha morea de libros- tantos que en vez de facer pesas, abóndame carrexar os caixóns cheos de libros, cousa que axiña vou ter que facer na miña mudanza en agosto. No escaparte había aros para home; cada vez máis homes levanos, quizais me apuntarei, anque non é o meu costume seguir a tolemia dos demais, nin moito menos eso de facer piercing nos narices para meter brincos de porco ou incluso aros máis grandes que parecen argolas. Pasei debaixo da carretera, e en pouco tempo cheguei a Santa María, co seu adro amplo, pavimentado de laxes graníticas, e ao redor da igrexa, a gándara, chea de herba, fiucho, cardos, silveiras, e flores salvaxes. Como ao día seguinte ía empezar o cursiño de Xavier Varela que na primeira lección adoita falar das palabras vellas na lingua, esas que tratan da natureza e das prantas, pensei que non estaría mal coller algunhas pólas das matas que ía atopando ao longo do camiño. Non daba entrado na gándara así que volvín a baixar a Rúa Sar de Afora ata chegar á ponte sobre o río Sar. Cabo do río, hai terra húmida, unha braña, case un lamagueiro, pero de todos os xeitos, entrei para buscar as prantas. Atopei herba, algunhas matas de bringa ou vimieiro que medraban na lama do río, fiuncho e silveiras, destas últimas collín unhas ramiñas. Querría acadar unhas ramas de toxo, e lembreime que xunto á estación de trens, en anos anteriores vira unhas toxeiras. Volvín á carretera, e subín a escada para chegar ao paseo dos peóns, e camiñei cara á estación mais non vin ningunha toxeira, senón outra mata máis pequena que un toxo, pero sempre con flores amarelas; non sabía se era queiroga, carrasco, brusca, ou carqueixa, mais despois de consultar no diccionario, vin que tiña que ser carqueixa, porque só a carqueixa e o toxo teñen flores amarelas. Tamén collín uns talos de xesta, anque sabía que ´xesta´ é un vocablo de orixe latina. Como empezaba a ir calor e xa tocaban as cinco da tarde, dirixínme á Rúa Sar de Afora, e para variar, en vez de subir a Rúa Castrón, subín a do Olvido que dá á Rúa Pexigo de Abaixo, e no punto onde as dúas se cruzan, hai outra gándara, chea de matas de fiuncho, mais sen carqueixas. Volvín a casa, onde os banzos xa se secaran. Metín as poliñas en auga, porque pola calor xa se ían murchando. Cambiei a roupa para volver a saír e tomar un café. 855 palabras: 22 (2,6 %) de substratos preindoeuropeos, 18 (2,1%) de substratos célticos, 12 (1,4%) de linguas xermánicas, e 29 (3,4%) do árabe en vermello, anglicismos, en violeta castelanismos |
![]() |
| arriba, CARQUEIXA, abaixo, FIUNCHO |
![]() |
![]() |
| Arriba, A Igrexa Santa María do Sar, Abaixo O Río Sar, inmortalizado por Rosalía, En las orillas del Sar |
![]() |
![]() |
| Eu, camisa de algodón, pantalóns curtos vermellos |
|