A antoloxía de relatos ¿Que me queres, Amor? escrito por Manolo Rivas, conta con dezaseis contos, que na primeira ollada, parecen moi diferentes os uns dos outros; sen embargo por tódalas narracións corre un fío conductor- o tema de amor. Cada relato ten o seu propio contexto no que se desenvolve este tema e os conflictos que xorden a raíz do amor ou da falta del. Hai contos que tratan de nenos e a supresión do amor paterno, as veces, con desenlaces tráxicos- os contos que caen neste grupo son “Conga, conga”, “A lingua das bolboretas”, “Un saxo na neboa”, “Só por aí’, “O míster e Iron Maiden” e “A luz da Yoko”. Outros contos exploran as relacións entre fillos xa crecidos e as súas nais son “A leiteira de Vermeer” e “Unha flor branca para os morcegos”. As narracións que teñen máis que ver con adultos e o amor erótico son “Carmiña”, “As cousas”, “Debuxos animados”, “¿Que me queres, Amor?, “Vostedes serán moi felices” e “A moza do pantalón pirata”, aínda que este último exemplo non é de amor erótico senón un conflicto entre o ben para un pobo e unha morte dunha moza inocente. Tamén, contos de vellos figuran no libro- entre eles son “A chegada de sabedoría” e “O inmenso camposanto da Habana”.

Un dos contos que ten coma tema principal as experiencias dun neno é “A lingua das bolboretas” que abrangue unha variedade de acontecementos tal coma o medo do neno no primeiro día de escola, os seus gozos ao aprender cousas novas, e a amizade do neno e a súa familia co mestre republicano, unha amizade que cambia ao empeza-la guerra civil e as redadas de republicanos. A guerra e o medo converten a familia simpática nuns inimigos do mestre a causa do seu medo e desexo de protexerse en contra dun mundo que os ameaza. A historia mostra o que fai o medo e que os adultos tampouco logran supera- lo sentimento, que ás veces provoca resultados moi tristes. O título nasce dunha lección privada do mestre sobre bolbloretas- na escena final, cando os falanxistas levan o mestre á súa morte, entre os insultos de tódolos aldeáns, o neno participa ao berrar palabras de esas leccions.

Un conto menos triste é “Un saxo na neboa” que relata a historia dun neno coruñés de quince anos que recibe un saxofón de seu pai e comeza as leccións de música. Un día coñece ao mestre Macías da orquesta azul, e aínda que o neno non sabe tocar ben o instrumento, Macías contrátao para tocar na verbena en Santa marta de Lombás, provincia de Lugo. Así, tódolos homes do grupo e mailo neno van a Lugo e ven o campo. O que máis impresiona o neno é a muller de Boal, o vigairo da comisión de festas da aldea. Boal, que o autor caracteriza coma un lobo (ten o puño coma unha enorme mazá peluda e ouvea na noite de xeonllos no campo da feira) vive nunha casa tradicional do campo, coa lareira, coa gandería e coellos na planta baixa. A muller de Boal é case unha nena- pero muda e servelle a Boal como se fose unha escrava. A historia conta as primeiras experiencias dun mundo alleo ao que coñece o neno coruñes.

Hai varios contos que sobre a incomprensión paterna e a falta de comunicación interxeracional na familia. En “Só por aí”, un rapaz non volve á casa e os seus pais pasan a noite preocupándose del. Na mañá, o pai ten que ir traballar- fai longos percorridos para vender roupa interior. Durante o día chama a casa e entérase que o rapaz volvera sen explicar o que fixera a noite anterior. O rapaz contesta a pregunta da nai “¿Onde pasáche-la noite?’ coa frase “só por aí”. Outra historia parecida pero cun desenlace máis tráxico é “O míster e Iron Maiden” que comeza coas queixas e maldicións do fillo a causa dun partido de fútbol. O fillo sae da casa enfadado e anda en coche bebendo. Logo, ten un accidente, un pouco difícil de entender porque é coma un soño- o fillo vai ao mar para busca-lo pai e termina morrendo alí.
“A Luz da Yoko” trata dunha familia que muda a outra cidade. O pai, a nai e o neno parecen máis metidos nos seus propios intereses nos programas de tele que no cultivo da boa comunicación no ámbito familiar- sobre todo o neno que vive por un personaxe dun debuxo animado. Déitase co seu único consolo- unha luz dun canciño eléctrico, Yoko, pero na primeira noite na nova casa ten tanto medo que termina na cama dos seus pais, e así resulta unha fin feliz porque pese á mala comunicación, vese que aínda existe o cariño nesta familia.

O protagonista de outra historia de nenos, “Conga, conga” é Pico, home que se disfraza de pallaso para entrete-los nenos nas súas festas, pero os que atopa na festa de Óscar son uns demos malcriados. Óscar e o anxo loiro acaban pechando ao Pico nun invernadoiro e alí queda ata que a nai de Óscar lle abre a porta. Ofrecelle o baño para cambiar a roupa. Nisto, entran o Óscar e o anxo loiro e Pico vingase deles ao lles dar un bo susto que merecen eses malos nenos, xa que os seus pais non se preocupan de ensinarlles a comportarse.

Os contos acerca de fillos xa crecidos e as súas relacións coas nais son “A leiteira de Vermeer” e “Unha flor branca para os morcegos”. A primeira é o nome dunha pintura do artista Vermeer, e tamén é un relato no cal o narrador vai a Holanda para ve-la pintura e ao ollala, lembra a súa infancia e escribe unha poesía que relaciona a leiteira a súa nai que tamén era leiteira. Ao le-la poesía, a nai non se impresiona, sen embargo, ao ver unha copia da pintura queda calada. Aos poucos días, tráelle a seu fillo unha foto vella e explicalle a casualidade entre a historia da súa vida e a da pintura. Esta historia é unha das mellores de todo o libro, e, en parte, di que o que andamos buscando por todo o mundo, xa o temos no lugar onde nacemos. “Unha flor branca para os morcegos” narra a historia de Dani, que dende neno, se esmera en axuda-la xente. De neno, tiña un bo nariz para ‘limpa-la merda dois bocois de viño” e de home, ten bo nariz coma inspector na comisaría onde fai un traballo difícil e pouco agradecido. En concreto, a historia conta un dos éxitos de Dani cando logra reunir unha vella solitaria que só ten a tele coma compañeiro co seu fillo que anda “moi ocupado’ pero que o pasa sempre de troula.

Varios relatos centránse nos conflictos entre adultos onde non aparecen nenos. “Carmiña” é a historia dun home solitario e amaragado que se chama “O’ Lis de Sésamo”. Tiña mala sorte na súa aventura amorosa con Carmiña, una aldeá que lle facía máis caso ao seu can mentres facía o amor que ao amo. Para se vingar, O’Lis volve á aldea e mata ao can. “En As cousas” tamén hai un asasinanto, pero dende outro punto de vista. Uns aparatos domésticos falan do asasinato e non logramos coñece-los protagonistas, aínda que sabemos que é un crime de amor por mor de ciúmes. .
“A moza do pantalón pirata” e “Vostedes serán moi felices” tamén teñen uns toques de maxia e casualidade surrealista. “Vostedes’ conta a historia de dous médios- un galego e outro norteamericano, Kimball. A historia desenvolve no pazo do médico galego que convidou ao norteamerican e a súa muller. O xardineiro, Andrés, e súa muller viven no pazo e o Andrés ten talento en ler cartas. Ao le-las do Kimball, parece que ve algo malo pero non o quere dicir. O doutor galego, en vez de traduci-lo que di Andrés, mente para non ofender e di “vostedes serán moi felices” que é o mesno o que di Andrés á muller do médico galego ao preguntar polo fillo que non ten. A mensaxe do relato parece ser que as persoas tratan de evita-las situacións e as palabra incómodas e ao final só pronuncian frases xa feitas que non din nada. Unha manobra de guerra é o motivo do relato “A moza do pantalón pirata” onde dous homes intentan destruir unha ponte mentres pasa un xeneral, pero vén unha rapaza en bici e os homes non saben qué facer- matar unha moza inocente ou deixar vivir un tirano. Cambia o local ao dunha casa onde un pai e unha filla están xuntos e a filla fala dun mal xeneral e a chegada dunha moza- nisto os dous oen a bomba e suponse que tanto a filla coma o xeneral morren. A nena falou como se vise todo.
“Debuxos animados” fala do éxito dunha muller, Mary, no campo artístico- vén de iniciar un novo debuxo animado que está moi ben acollido polo público e así case acaba coa carreira do seu amante, Cock. Ela non está contenta coa súa obra e como o seu único amor é Cock, renuncia a súa creación.

O primeiro relato do libro, e o que inspira o título, é un monólogo falado por un home novo que foi asasinado por mor dun roubo fracasado. Descríbese súa noiva que non lle facía moito caso, quizáis por ser un home sen traballo e sen futuro. O home fala da xente que vén visitar a súa nai durante o velatorio- aínda a noiva e a Sra Josefa están- esta última sabe tódolos secretos do rapaz como se estivese soñando e vai mesturando imaxes. Suponse que roubou por conseguir cartos para impresionar a súa noiva.

Na antoloxía hai dous relatos que tocan o tema da vellez. “A chegada da sabedoría co tempo” é a historia dun home, Old M, xa vello, que sae da súa casa para ir beber unha cervexa no pub que frecuenta dende sempre. Ao longo do camiño atopa coñecidos e pensa nas cousas e n a xente dos anos pasados. O garda, Señor Eyre, cando comenta as follas secas que voaban e caían, díxolle- ‘anque as follas sexan moitas, a raíz é só unha’. Esa frase repítea moitas veces e serve de mensaxe- que pese as súas diferencias, tódalas persoas comparten as mesmas raíces e en certo sentido, parécense, a causa dunhas experiencias vitais compartidas. Aínda que Old M e Maggie só intercambian diñeiro e cervexa, os dous teñen unha relación que dura anos. Ao pasa-lo tempo, Old M decátase que a vergoña non ten lugar porque tódalas persoas merecen respecto. “O inmenso camposanto da Habana” é o conto de tío Amaro que sempre ía anunciando a súa morte e cando morre de verdade, ninguén lle fai caso. De rapaz, vivía na Habana e traballaba no camposanto- de aí vén o título do relato.

Hosted by www.Geocities.ws

1