| DE QUE TRATA ESTA PÁXINA? Esta páxina apresenta unha introducción á lingua galego-portuguesa, falada en Portugal, Brasil e no noroeste da penánsula ibérica, cun enfoque nesta última variante. Cada verán alumnos de Polonia, Rusia, Romanía, Francia, Alemania, Italia, o Reino Unido, Irlanda, Portugal, Brasil, Cuba, México, Chile, Arxentina, Estados Unidos, Canadá, e doutros moitos paises, de falas e culturas diversas, peregrinan a Santiago de Compostela, Galiza para asistir aos cursiños de lingua e cultura do Instituto da lingua Galega (ILG). Coma alumno dos tres cursiños, sempre me chocou a escaseza de material didáctico fóra das aulas e así empecei a traducir o manual Galego I, publicado polo ILG no ano 1971. Como o libro está moi desactualizado en canto á normativa oficial e o que é a vida galega actual, o proxecto abrangueu a traducción dos puntos gramaticais escritos en castelán ao galego normativo, a ampliación de datos sobre os textos literarios, e a traducción das lecturas ao castelón, ao inglés, ao francés e ao italiano elistas de vocabulario nesas linguas. En 1199 apareceu un poema, que hoxe en día é moi importante no estudio de filoloxía románica, o Descort plurilingüe de Raimbaut de Vaqueiras. Cada estrofa componse nunha lingua diferente, o provenzal, o xenovés, o francés, o gascón, e o galego-portugués. O poema, producido moi lonxe de Galiza e Portugal, ilustra a importancia do galego-portugués non só na lírica trobadoresca, senón como lingua de cultura e de prestixio internacional. Como o Descort plurilingüe, mais sen os seus méritos artísticos, as traduccións das lecturas en castelán, italiano, francés e inglés ofrecen un punto de partida para un estudio comparativo da lingua galega, en referencia a algunhas linguas románicas e o inglés, que se poderán utilizar nos cursos de verán, ou por calquera interesado en galego e Galiza. As lecturas falan dunha Galiza que xa non existe, pero pintan un cuadro colorido dun estilo de vida do pasado nun vocabulario rico e útil para empezar a coñecer a idiosincracia da lingua e da cultura do país. O tecido político, social, e aínda lingüístico de Galiza é moi complexo, ás veces díficil de comprender, e non sempre se chega a unha solución definitiva. A normativa empregada aquí é esa oficial sancionada polo ILG, pola Real Academia da Lingua Galega e pola Xunta, pero hai outras normativas, quizáis máis válidas en termos lingüísticos, históricos, e prácticos para asegurar a sobrevivencia da lingua. Espero poder ampliar este estudio para considerar estas outras normativas. Este traballo de traducción non foi feito sen a axuda doutras persoas. Quixese agradecerlles a axuda aos meus curmáns Agnese Rinaldi, Antonino Testa e Domenico Testa na revisión dos textos em italiano, e a de Christophe Laudamiel na revisión dos en francés (que foi unha tarefa moi difícil pola miña falta de dominio nesa lingua) e a lectura crítica, comentarios útiles e correccións que fixo do texto. Elisa Fernández Rei axudoume cunhas cuestións de gramática por correo electrónico, e obrigado a Silvia Viso que me deu folgos no inicio do proxecto, e por seren os meus profesores nos cursiños de verán- obrigado a Elisa, Silvia, Balbino, Raquel, Begoña, Susana, X.L. Regueira, X. Varela, entre outros. E tamén quixese agradecerlle a Anxo Fdes Canosa que sempre me contesta calquera dúdiba, e que foi o primeiro en me presentar á lingua galega. Sen embargo, calquera erro é responsabilidade miña e agradézovos os vosos comentarios, correccións e interese nesta páxina web. Juan Antonio Thomas Testa Se lle apetece coñecerme mellor, entre na miña páxina web. FAGA CLIC AQUÍ. Se ten calquera pregunta ou comentario, pode escribirme a [email protected] |
![]() |