V. Os adxectivos
5.1 O adxectivo cualificativo
Os adxectivos cualificativos son palabras que expresan características ou calidades dos substantivos. Algúns adxectivos teñen a mesma forma para o masculino e o feminino: ruín, fácil, capaz, mellor, peor, menor, maior, capaz, doente, etc.
Outros adxectivos teñen dúas formas distintas, e o feminino fórmase segundo as mesmas regras que os substantivos: serio/seria, morno/a, lugúes/a, falador/a, chorón/a. Coma os substantivos, os adxectivos que acaban en -án, fórmase o feminino:
1) - en á: aldeán/aldeá; compostelán/compostelá; castelán/castelá, san, sa ou
2) en -ana alemán/alemana; catalán/catalana, americano/americana
5.2 A formación do grao comparativo
5.2.1. O comparativo de igualdade- tan.... como/coma
Como emprégase diante de verbos ou nomes: come tanto como canta
Coma emprégase diante de pronomes e nomes... o fillo é tan bo coma min
5.2.2. O comparativo de superioridade e de inferioridade - máis/menos ...do que/ca/que
Do que vai diante de verbos: É máis forte do que pensabamos
Ca vai diante dos pronomes: É máis forte ca min
Ca ou que vai diante de nomes: menos capaz ca Xan, Máis doce ca María
Ca contráese co artigo
ca + o, os ----> có, cós ca + a,as ----> cá, cás
Estas contraccións levan til, mais as contraccións de ‘CON’ co artigo non levan til.
con + o, os -----> co, cos con + a, as -----> ca, cas
5.2.3. O superlativo relativo fórmase con máis/menos......do/a: É o máis grande da clase. É a menos leda das rapazas.
O superlativo absoluto fórmase con moi(antesda palabra) ou - ísimo(sufixo ao adxectivo): eran moi altos; eran altísimos
5.3. Os posesivos
|
Persoa |
singular |
singular |
Plural |
Plural |
|
M |
F |
M |
F |
|
|
1ª |
meu |
miña |
meus |
miñas |
|
2ª |
teu |
túa |
teus |
túas |
|
3ª |
seu |
súa |
seus |
súas |
|
1ª |
noso |
nosa |
nosos |
nosas |
|
2ª |
voso |
vosa |
vosos |
vosas |
|
3ª |
seu |
súa |
seus |
súas |
1. O artigo determinado sempre vai diante o posesivo, menos con nomes de parentesco. O xénero e o número do posesivo sempre están de acordo co substantivo que o segue. O xénero do posesivo está de acordo con quen posúe o substantivo.
A nosa casa está feita de pedras. A miña cociña é nova. Teu avó está rufo.
2. Para a terceira persoa, empréganse as formas "del", "dela", 'deles', e "delas" para especificar o posuidor. Fun á súa casa.= Fun á casa del. Quero mellor a súa.= Quero mellor a deles.
5.4 OS DEMOSTRATIVOS
|
|
MASCULINO |
FEMININO |
NEUTRO |
|
I SINGULAR PLURAL |
este estes |
esta estas |
isto |
|
II SINGULAR |
ese eses |
esa esas |
iso |
|
III SINGULAR |
aquel aqueles |
aquela aquelas |
aquilo |
Seguido dos indefinidos outro, outra, outros, outras os demostrativos dan lugar as formas seguintes:
|
|
MASCULINO |
FEMININO |
|
I SINGULAR PLURAL |
estoutro estoutros |
estoutra estoutras |
|
II SINGULAR |
esoutro esoutros |
esoutra esoutras |
|
III SINGULAR |
aqueloutro aqueloutros |
aqueloutra aqueloutras |
Estoutro, esoutro aqueloutro supoñen unha elección entre os obxectos, conservando idéntica relación espacial ou temporal coas persoas gramaticais que as formas máis sinxelas este, ese, aquel:
Entre este e estoutro non hai escolla. Se non quéres esas, colle esoutras. Aquel e aqueloutro non me valen.
Con frecuencia a elección está implicita, aínda que non apareza expresada máis que unha alternativa: Quero mellor aqueloutra. Estoutra é mellor.
Na escritura debemos representar ambos componentes da palabra fundidos (estoutro, etc) e non separados (* este outro) xa que ambos senten como unha unica palabra, como o demostra o feito de que só toma plural o segundo elemento (estoutros e non *estes outros). Tamén se contraen os demostrativos coas preposiciones de e en: Deste, dese, daquel / destoutro, desoutro, daqueloutro/ neste, nese, naquel/ nestouro, nesoutro, naqueloutro.
NOTAS
1. Aquel adquere con frecuencia valor de substantivo co significado de 'oportunidade', 'motivo', 'atractivo', 'encanto': Ten moito aquel a rapaza. Co aquel da festa veñen todos.
2. Daquela equivale ao adverbio 'entón', 'naquel momento': Daquela empezaba eu a estudiar.
Tamén é frecuente o seu emprego coma conxuncion: Daquela non cho digo.
3. Nisto, nestas, con estas poden significar "ao tempo de ocurrir esto" Nisto sacan de navalla.