9.1  Texto literario: As perdices do convite , Recollido do Pobo  polo Centro de Estudios Fingoy en Savi�ao, no libro da caza, edici�ns Castrelos, Vigo 2� edici�n 1972

Sa�u un ferreiro un d�a de caza e matou d�as perdices.  Cando vi�a de volta para a casa encontrouse co se�or cura da parroquia e d�xolle si llas vend�a.  O ferreiro contestoulle que non.  O que lle pod�a facer era invitalo a comelas, si lle ti�a  unha misa;  despois tam�n lle ti�a a misa pola almi�a dos difuntos da casa.  Cando a muller ti�a as perdices arregladas chegou � coci�a unha comadre, e  d�xolle:
-Comadri�a,  �que ten no pote que  ole tan ben?
- �E    que hei de ter?  Caldo de verzas con unto vello, e  por iso cheira tan ben.
A outra non se conformou e destapou o pote.  Ao  ver que eran perdices d�xolle que deb�an probalas para saber si estaban boas.
-Non pode ser, porque v�n o se�or abade axudar a comelas.
-Prob�molas, comadri�a, que lles han de chegar de abondo.
Cando acabaron unha, como sab�a ben, comeron a outra que quedaba.
Ao que marchou a comadre, chegou o home da misa e  a muller p�xose a chorar.  O home preguntoulle por que choraba.
-Ai, hom, �como non hei de chorar!  Na casa dun ferreiro, e      nin sequera temos un coitelo para po�er na mesa!
-Pois non chores, muller, que mentras chega o se�or cura vou  � forxa facer dous ou tres.
Dal�  ao  pouco chegou o se�or cura, e  a muller p�xose outra vez a chorar, e  preguntoulle a causa.
-�Ai, probe de min, como non hei de chorar, que o meu home debeuse de volver tolo, pois d�xome que �a � forxa facer un coitelo para lle cortar a vostede as orellas: as� que �  mellor que se marche pronto antes de que ve�a el!
O cura sa�u para fo'ra e descalzouse para correr m�is. Cando chegou o home a muller segu�a chorando e  d�xolle ao  home que vi�e  ra o cura e  que se marchara coas perdices para a casa.
O ferreiro sa�u correndo para pillar  ao  cura  e  cando o viu berroulle:
-Deixeme unha sequera, se�or.
-�Nin unha nin d�as!  As mi�as orelli�as non son para vo's.

Aquilino Iglesia Alvari�o (Seivane, 1909 - Santiago, 1961)  Premio d�a das letras galegas (1986) segue a corrente da poes�a human�stica rural, mais tam�n se ocupa das traducci�ns duns cl�sicos latinos  e  da lexicograf�a.  Escribiu Se�ard� (1930), C�maros verdes (1947) que era o primeiro libro escrito en galego e  publicado en Galicia despois da Guerra Civil, Nenias (1961) e  A comedia da oli�a (1961) entre outras obras.  O seguinte texto v�n de  C�maros verdes, ed Celta, Vilagarc�a de Arousa 1947 p. 39.

Oraci�n do sapo

Se�or, que est�s nun reculli�o de sombra,
e  andas sempre por cami�os de noite,
e  cantas cada hora e  cando o teu cantar
sin que ningu�n se mole de Ti.
L�branos, Se�or,
das cousas que andan a correr.
Dos pucheiros cheos de auga, nas hortas,
e da boca das cobras,
e  da roda dos carros,
e de t�dolos bichos malos,
Dainos, Se�or,
un alpendre de sombra  e  de luar
para cantar.
e  un carreiri�o de vagalumes
polas hortas vizosas do teu reino.
Hosted by www.Geocities.ws

1