| Cap�tulo 8: Oficios e profesi�ns I. Lectura: Oficios e profesi�ns II LECTURA oficios e profesi�ns Na casa de Souto houbo obra al� por maio. O ano pasado choveulles nela e hogano non queren pasar unha invern�a semellante. -Como hai que facer obra, -dixo don Ant�n- �moslle dar unha volta a todo. -�s casas vellas non che lles van nada ben as reformas- sentenciou dona Rosario-. Se me fas caso a min, facemos unha casa nova onde ti��mos a eira, e deixamos esta. Ademais, �onde nos metemos mentres tanto? Don Ant�n non o�u �s xordas. Ao outro d�a marchou � Coru�a para falar cun arquitecto, amigo del, que lle fixera os planos, e de paso saber dun constructor de confianza que traballase a conciencia. -Diso hai pouco- d�xolle o arquitecto-. Pero sendo para un amigo...Fala con "Constucci�ns Roxo". Co�ezo eu o enxe�eiro asesor e o aparellador. Son xente preparada. Os materiais que usan son de primeira. De al� a poucos d�as pux�ronlle os alicerces. Nunhas semanas estaban as paredes rematadas. Os canteiros fixeran un traballo l�cido. Pero antes de ver a casa cuberta inda pasaron uns d�as. Como non hai serrar�as mec�nicas preto de Vilanova, tiveron que chamar uns serradores portugueses que andaban por al�, que usaban serra de man, e levoulles moitos d�as labrar a madeira. Mentres tanto, os alba��s �an traballando por dentro. Levantaban tabiques, daban masas, e colocaban a baldosa e o azulexo. Tras deles vi�an o electricista e o fontaneiro, instalando luz e auga. Don Ant�n vi�a de cada pouco pola obra. Sempre lle gustaba botar unhas parrafadas cos oficiais. -Esta obra d�me m�is labor- dic�a-, a�nda non po�o unha pedra, c� mesma consulta. Que se notario, que se rexistrador, que se darte de alta nunha oficina, que se de baixa noutra. e non podes pasar por menos, se non, cando te descoidas, tes aqu� un alguacil cun oficio do alcalde, ou a parella da guardia civil con orde do xu�z de que se hai que presentar no xulgado. �Dou ao demo tanta lei e quen a inventa! Con papeis ou sen eles, a casa estaba case acabada. Faltaban as portas pero xa estaban os carpinteiros con elas entre mans. -Polo San Mateo ten a chave na man- dic�alle o constructor-. Como queira que a casa se acabou para o San Mateo, don Ant�n qu�xolle facer un ramo por todo o alto. Estaba moi obrigado dos vici�os de Vilanova e quixo facer unha festa na que participasen todos. -Quero que sexa unha festa de pote- dixo-. A gaita soa non farta. E as� foi. Encargoulle ao panadeiro unha chea de empanadas, e mandoulle � polbeira cocer unha caldeirada de polbo. O tendeiro de Vilanova puxo o vi�o. Naturalmente, non faltou o gaiteiro, que en festas as� � obrigado. Abof� que repenicaba ben. Fac�a bailar a un morto. e, se non, que o diga o mui�eiro, que non parou de valsear coa costureira. Era unha risa. Tam�n se encheron de bailar o veterinario e a boticaria, o xastre e a lavandeira, o zapateiro e a tecel�, o ferreiro e a leiteira. E non bailou o se�or abade por aquilo da coroa. Lectura en CASTEL�N Lectura en ITALIANO Lectura en FRANC�S Lectura en INGL�S |
![]() |