21 Carvalho Calero Ricardo Carvalho Calero (O Ferrol, 1910 - 1990), poeta, novelista, fil�logo, e o primeiro catedr�tico da lingua galega no mundo, ao ocupar a nova c�tedra de lingua galega creada na Universidade de Santiago. Publica uns poemarios Anxo da terra (1950) e Poemas pendurados dun cabelo (1952) e a novela A xente de Barreira (1951), a primeira novela escrita en galego e publicado en Galiza pola nova editorial Galaxia na posguerra. Foi Presidente do Partido Galeguista antes da guerra civil. � co�ecido coma un dos defensores principais da integraci�n da lingua galega co mundo lus�fono, e escribe moito por mor dese tema. A s�a obra Historia da literatura galega contempor�nea, � unha obra mestra de referencia. O seguinte texto � de A xente da Barreira ed Follas Novas, Santiago 1982, p. 103- 104. O MARAGATO Ricardo Carvalho Calero, A gente da Barreira e outras hist�rias, p 103-105, Follas Novas, 2a edici�n, 1982 Na casa da Gra�a, onde, noutrora don Ram�n Frade, o primeiro se�or da Barreira, arranjara un poubeo para o Breixo e a Ludivina, vivia agora un arrieiro maragato- Pedro o seu nome- que coas suas mulas traguia e levaba as cousas entre Souto e a Fontanela. En Souto carregaba sal, trigo, pimento, as boticas que lle pedian polo cami�o e que logo ia deixando ao longo del. Da Fontanela voltaba co vi�o de Cabreiros para os se�ores da Barreira. Poucas veces o arrieiro desfrutaba do lume da Gra�a. As noites entre a neve de Canaval, os lobos da Gesta, os cumes de Pi�eiro; e os abrentes entrando na Fontanela entre frios, ch�vias e n�boas, eran-lle moito m�is co�ecidos que os pasados acar�n da sua lareira, co jarro a rentes e a cunca nas mans entretanto fumeaban os arreiros, e as bestas buraban ali perti�o, afastadas s� polas t�boas que separaban a sua jacida da do home. O arrieiro non gastaba nada. Na Gra�a estaba s�. Cando el se ia, a casa fechaba-se. Non andaba �s mozas. En Canaval enchian-lle a bota cada vez que aparecia por ali, e don �lvaro daba-lle un bon pelello cando lle tra�a a colleita. Polo cami�o mercaba o touci�o peludo e amarelo, e pan mouro e duro que cortaba coa sua navalla para com�-lo. Ja non lembraba cando fixera a zamarra, e os zocos de fundo de madeira remontaba-llos cada ano o se�or Cidre de Madelos, para quen tam�n tra�a cousas de Souto. O arrieiro ga�aba moito. Da Fontanela a Souto non habia m�is que el para traer a mercancia, e el tam�n levaba os que non podian ir polo seu pe de un lado para outro. Cobraba os seus cartos polo traballo, recollia gojetas e sabia o que se podia engader no prezo de cada cousa que mercaba por mandado. Cada vez que o maragato paraba na Gra�a, os alde�ns vian moi de noite polas f�rgoas da parede da casa o lume ledo dos tojos na lareira, e murmuraba-se que un que pasara por ali ao pe vindo das mozas, ao ollar polo burato da porta, enxergara o arrieiro con un guizo na man tacteando as paredes. Pedro levaba no carromato unha fardela na que metia os cartos que facia. Cando ia para Souto, a fardela aparecia inchada, e o cobre via-se pola fendecha. A volta, a fardela estaba esgumiada, e s� no fundo se notaba un pesi�o. En Souto dera-lle ao usureiro, seu pais�n, canudi�os e m�is canudi�os de patac�ns, e o cambista dera ao arrieiro un canudi�o so e pequeno que Pedro desfixera depresa para morder engordi�o, unha a unha, as moedas que tirara del, a fin de asegurar-se da boa lei do ouro. Cami�ando Pedro de volta, a fardela abalaba para todas as partes, pendurada do carro, pois o peso non podia co vento de Canaval; mais o arrieiro apalpaba o cinto, e, ao apalpa-lo, ollaba para a tralla, que faria pasar as bestas porriba de todo o que se lle puxese diante. Dando, despois de pousar na Gra�a, seguia o seu cami�o, o arrieiro ja non apalpaba o cinto. Moitas veces a neve fechaba o paso a Pedro. Cando a albiscaba, non ia adiante. A casi�a do pe�n cami�eiro ou calquer celeiro servian-lle para aguardar, e o seu vi�o e os seus cartos eran a mellor festa do ano para o legoeiro, mentres a vella do celeiro recollia pola ma�� os restos da cea do maragato e do penso das bestas, que para ela e para a pita abondarian durante v�rios dias, e metia no peto unhas cadeli�as m�is. Depois de unha nevada, o arrieiro non chegou � Fontanela. Ainda que o collese longe, teria tido tempo de chegar. Da Gra�a sa�ra ben cedi�o. A neve chegara pola noite, mais teria podido vent�-la e ficar no mes�n en Pi�eiro. Mais non. Non a ventara tan forte e pasara do mes�n. A celeireira viu-no pasar. E ningu�n m�is. A neve cegou-no, e o frio entumeceu-no, e os lobos, aos que non se opu�a tralla nen mecha, guindaron-no abaixo. Ali ficaron os osos do home e das bestas, o cinto valeiro e os zocos remontados polo se�or Cidre. A fardela ia a todos os ventos esparegendo o lastre. Na Gra�a non habia nada. O pelello mediano, as follas de tabaco a secar no tallo da lareira, un pouco de touci�o amarelo e peludo no gancho do teito, e tojos, fentos e palla para as bestas. No pote valeiro, o cheiro a caldo acedo. A justiza foi-se. Don �lvaro mandou quitar o pote, e antes de meter na casa Ant�n das Cabras, deu-se unha volta por ai para ver se pola banda do cami�o se podia facer un pendello. E tacteaba as paredes, e esculcaba o chanto da lareira e o burato do teito que daba sa�da ao fume. |