20 Filgueira Valverde

Xos� Filgueira Valverde(Pontevedra, 1906), historiador, pol�tico, escritor, e  alcalde de Pontevedra onde potenciou varios organismos culturais, coma o Museo de Pontevedra.  Escribiu moitas obras de historia (Adral (1979); 25 anos de historia 1959 - 1984)   e de biograf�a de  personaxes de Pontevedra coma Sarmiento de Gamboa (1980), e  Enrique Mac-Donnell y de Conde (1982) , de escritores coma Cunqueiro (1991), Losada Di�guez (1985) e de personaxes hist�ricos coma Alfonso X (1987, 1980) ou Archivo de mareantes (1946, 1992). O seguinte conto, Os xogos, foi publicado por primeira vez en 1925 nunha antolox�a titulada Os nenos.  En 1971, Filgueira Valverde publicou Quintana viva que recolleu Os nenos m�is outros contos, revisouno en 1990.

Daquela eu viv�a nunha casoupa da Conga, a�nda non ti�a dez anos, era pobre, moi pobre, morrera o meu pai e a mi�a nai era lavandeira.
Na Quintana xogaba a cot�o, rebuldeiro, cos meus amigos. Un era Xilo de Pitelos, un rapaz branco e estasiado, un pouco nugall�n, pero moi bo, que co�ecera na escola da Algalia.  Outro era Gorecho, de San Francisco, mouro, croncho e moufeira, un br�golas a quen por vez primeira falara no r�o do Cuartel. O outro cham�base Lelo e  era un saloio da banda do Sar.
Mais eu ti�a outro amigo, belido, feituqui�o, loiro, asalloso, cham�banlle Fis Airas e  Sanches de Ulloa e  viv�a nun pazo da r�a do Vilar.  Endexamais souben por que fora meu amigo nin por que eu o fora del.  Todos os ser�ns cando os ferrollos do rel� da Catedral escomenzaban a renxer para dar as bateladas das tres, Fis e  a s�a ama cun feixe de xoguetes sub�an as escadas da Prater�a.  Todos os ser�ns cando o sino do coro tanx�a V�sporas, Fis coa s�a ama e  o feixe de xoguetes sa�a pola Conga abaixo.
Na envexa con que eu ollaba para Fis agach�base un fondo desprezo.  Fis era rico, ti�a unha roupa albeira e  cari�enta, ti�a xoguetes, mais non choutar�a dun brinco sete escadas, nin gabear�a, cal eu por un pexegueiro. No desprezo con que Fis ollaba para min, gard�base unha tola envexa, eu era un rachado, un br�golas, un borrallento, mais ficaba xogando na praza ata que sa�an os coengos, en troques que el se �a cando entraban.
Un d�a fuxiu da s�a ama e  cheg�ndose a min preguntoume:
-"�Ti ficas aqu� moito tempo xogando cando eu marcho?"
Eu estaba cheo de vergo�a.  Non sab�a falar cun neno da vila.
-�E   ti para que queres sabelo?
-Direiche, � para saber se a sombra da catedral cobre aquela laxe.
-Cando hai sol c�brea e  a�nda chega ata acol� adiante.
- �E ti vela chegar porque non das lecci�n coa francesa?
- Non se�or, �que vou dar!
O neno da vila mordeu os labios, aqueles beizos pequerrechi�os que ti�a e  sorriu tristeiramente.  �Era triste, moi triste dar lecci�n coa francesa!
Aquel ser�n Xito, Gorecho e  Lelo r�ronse de min a cach�n porque falara cun neno rico e  a ama de Fis berroulle por falar cun neno probe.
Desde ent�n, sen saber por que nin por que non, xuntos pola desgracia, Fis e  eu fomos amigos.

Filgueira Valverde, Os xogos  en Quintana viva, Galaxia, Vigo 1990, p 17- 19.
Voltar � p�xina dos textos- Return to the page of the texts
Voltar � p�xina principal- Return to the Main page
Quintana dos Mortos
Fonte, Plaza de Prater�as
Hosted by www.Geocities.ws

1