| Cap�tulo 19 A natureza II Lectura A Natureza Toda a clase se revolveu cando a mestra dixo: -Hoxe imos falar das cousas que temos diante de n�s, moitas veces, sen nos decatar. Imos falar do ceo, da terra, do sol, das monta�as. En fin, da Natureza. - �A ver, Xusto!- preguntoulle a un dos rapaces- �Como se chama o astro que nos aluma e nos d� calor polo d�a? -O sol - respondeu o neno-. -�e o astro da noite? -A l�a. Moi ben. Pero xa sabedes que a l�a non est� sempre igual. Ten catro fases ou cuartos, que son: abalo, debalo, l�a chea e l�a nova. A luz que d� ch�mase luar. e ese cerco que ten �s veces... - � a coroa... - saltou un desde atr�s-. -Coroa, ben. Pero...�quen sabe como se chaman ese punti�os de luz que se ven no ceo cando hai noite clara? -Son as estrelas - respondeu Lelo-. E seille tam�n os nomes dalgunhas delas. -A ver. Lelo, dimos logo. -Pois... a primeira que se ve pola tardi�a � a estrela xornaleira, e a derradeira en desaparecer pola ma�� � o luceiro. Hai tam�n o Carro, as Tres Mar�as, o Setestrelo...�Ah! e o Cami�o de Santiago. -�Seica ti sabes moito, Lelo! -dixo a mestra-. Despois do abrente, ao amencer, se vos erguedes cedi�o, podedes ver abrir o d�a, ch�mase ma��. E despois v�n a tarde. Cando xa v�n a tardi�a, dise que � entre lusco e fusco. e cando hai unha cor vermella ao solpor, no poente, ch�mase roib�n. Despois ven o anoitecer e, por fin, outra vez a noite. -Eu sei como se chaman as nubes da tronada, profesora, - dixo outro dos rapaces-. -A ver d�nolo logo. Son os castelos. E cando no ceo hai esas outras nubes que mesmi�o parecen algod�n, dise que est� o ceo ovellado. -Moi ben, home. Imos falar un pouco do aire. Xa sabedes que tam�n se chama vento. Cando � moi forte, pode mesmo arrinca-los tellados das casa e ent�n ch�mase furac�n. As veces fai remu��os no chan e as follas das �rbores empezan a dar voltas. -Profesora, �como se chama a parte m�is alta das monta�as? -Ch�mase o cumio. Baixando polas ladeiras do monte, p�dese chegar a un val. Polos vales pasan os r�os. Hai r�os que no ver�n non levan auga e ent�n queda o leito seco. Acababa o tempo da clase. Pero os rapaces- cousa ben rara- non ti�an gana de se botar f�ra. -�Cando facemos outra clase destas, profesora? - preguntou Lelo-. -Pois, se cadra, ma��. Lectura en CASTEL�N Lectura en ITALIANO Lectura en FRANC�S Lectura en INGL�S |