18  Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunquiero (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981) Premio día das letras galegas 1991, é unha nova voz na literatura galega; cultivou os xéneros da poesía, do teatro, da narrativa, e   do xornalismo.  Nos anos vinte, ao coñecer as cántigas de amigo  medievais, Cunqueiro inspirouse a escribir  Cantiga nova que se chama Riveira    (1933) e   Poemas do si   e  non (1933) que son bos exemplos da escola neotrovadoresca.   A obra de Cunqueiro é unha nova narrativa que crea un mundo entre a fantasía e  a realidade, parecido ao 'realismo máxico', aínda que a obra de Cunqueiro neste campo adianta á obra dos do boom varios anos- exemplos son Merlín  e  familia (1955), Escola de menciñeiros (1960), Se o vello Simbad volvese ás illas (1961) e  Xente de aquí  e  de acolá (1971).   O seguinte vén de Escola de menciñeiros, ed. Galaxia, Vigo 1998,  p. 100 - 101.

O GOLPE  O señor Cordal tenme dito que o golpe é o animal máis antigo no país noso.  Por eso sabe a nosa fala, tendo como ten oído sotilado, oído de tísico, escoita aos que del falan.  Saben catro nomes seus:  golpe, raposo, zorro e xatentendo.  Cando se fala do raposo hai que darlle nomes seus que el non saiba:  Pedro, Perico, Xamescuro e   tamén Afonso.
-¿Afonso?
-¡Polo Rei de Castela, hom!  Oíndo o golpe falar de Afonso, colle medo e   toma campo. ¡Se fósemos todos tan avisados!

A GALIÑA  Se unha galiña está nun camiño á esquerda e  pasa un crego á dereita, a galiña deixa de poñer ovos.  Hai que levarlla a outro crego para que lle diga algo.  Esto díxomo un tal Valiña, que cre no malollo e  en que non caga a denociña.
Cóntolle eu esto a un cóengo amigo meu, Arcediago da Santa Catedral, que foi moitos anos párroco de San Martiño.  Bótase a rir, que el xa o sabía.
-¿E   el que se di á pita?- pregúntolle eu-.
-e   díselle: "¡Vaia, vaia, señora ama!", poño por caso.

O CUCO  Cando se escoita falar  ao cuco en abril ou maio- aquí do cuco non se di que canta, senón que cuca ou fala- e  un petrucio vai polo camiño do bosque e  bérralle:
-¡Ou, don Martiño!  ¡Ou, señor!
E   entón o cuco, afagado polo saúdo, volve sempre  ao  lugar.
-¿El non se lle chama máis que don Martiño?-  pregúntolle  ao  Brego de Barbeitas.
-Home, tamén se lle pode chamar don Pedro ou señor Antón.  Pero o que máis agradece é que o aseñoreen e   lle chamen don Martiño.
Voltar à páxina dos textos- Return to the page of the texts
Voltar à páxina principal- Return to the Main page
Hosted by www.Geocities.ws

1