12.1.  Florentino L. Cuevillas (Ourense, 1886 - 1958) Premio día das letras galegas (1968) arqueólogo e ensaísta que investigou e escribiu sobre a prehistoria galega.  Foi integrante da Xeración Nós.  Despois da súa morte, publicouse a súa  ideoloxía persoal, Prosas Galegas (1962).  Redactáronse outros escritos seus sobre a civilización céltica e castrexa coma Prehistoria  en Historia de Galiza, vol III (1973). O seguinte texto vén de  Prosas Galegas  ed. Galaxia, Vigo  1962 p. 78.

Cómpre que os que de veras queren á nosa terra, os que traballan a prol da súa exaltación, os que a senten no cerne do seu espírito, os que quixeran convencer e  persuadir, os que cen veces sentirían abaixarse o voo do seu corazón, os que dubidaron e  dubidan da eficacia e  da fertilidade do seu esforzo, deprendan, para non esquencela, esta verdade: a verdade de que a alma de Galicia non pode deixar de ser nin convertirse noutra alma, e  que só desaparecerá cando o mundo desapareza.

Nos anos que han vir veredes quizais debecer aínda máis a nosa cultura, perder terreo a nosa lingua, confundirse os perfís do noso país deica borrárense no neboeiro borrallento que o invade todo.  Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega; seguide sempre con fe, e  se se vos ocorre pensar acaso se sementades ou se só esparexedes, desbotade ese pensamento e  tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galicia, é  sempre sementeira.
Voltar à páxina dos textos- Return to the  page about the texts
Voltar à páxina principal- Return to the  main page
Hosted by www.Geocities.ws

1