ANO 2002

XANTAR NA PRAZA DO CONCELLO

 

          Foi un éxito este primer xantar das comparsas na praza do Concello. Ahí está unha boa mostra brindando po lo Carnaval e cantando a pleno pulmón.

 

 

 

 

    A señora Concejala de Cultura coa súa elegancia e finura non podía, lóxicamente, xantar co resto da "plebe". Por iso púxose aparte e cun fino mantel de lino cubriu a súa mesa e puxo sobre ela unhas sabrosas cigalas e una botella de exquisito Alvariño.

     Incluso traia con ela unha "doncella" pa servirlle o viño e pa porlle a silla cando se levantaba ou se sentaba.

    Supoño que votaría man do talonario de cheques e pagaría o Axuntamento... ou sea, nos. 

     Así calquera... a que si?

 

ANO 2002

VENDENDO O VIACREME

(LA VIAGRA FEMENINA)

 

 

     Tiven que explicar a moita xente que era o Viacreme, pois a maior parte das mulleres non o coñocían. E en canto lle daba unha explicación de para que se usaba, enseguida se puñan curiosas e preguntaban máis.... O que e a ignorancia.

 

 

ANO 2002

O NIQUEL DOS EUROS

    

 Como a prensa falara do tema, eu levaba un carteliño que decía: "Las Autoridades Sanitarias advierten que el níquel que contienen los euros, es perjudicial para los testículos de los hombres. ¡Tire aquí sus euros!. 

     E houbo quen os tiróu... Inda xuntei dezasete euros e cincuenta e tres céntimos.

     O que non soltóu nin un "can" foi Dalmiro. Pero bueno, púxome o brazo por enriba do lombo e deume moitos... ánimos

 

 

ANO 2002

O NIQUEL DOS EUROS

     Con esta hada-madriña tan elegante e guapiña  a miña veira, sinte un que xa todas suas peticións e desexos van a ser cumpridos...

     E Rosa, una gran animadora do carnaval do Porriño que sempre está na primeira fila e xa conseguiu algún premio no CRC.

     O  malo e que algúns dias do entroido marcha para a Guarda e deixanos solos... 

 

 

ANO 2002

CONCELLALA DE CULTURA DO CONCELLO DO PORRIÑO

 

 

    Como outros años, a inefable Concejala de Cultura do Concello, tuvo que dar a nota nos nosos carnavales. De esta vez non  se meteu co testamento (misión imposible), sinón que se lle incrustóu  na mollera que tiña que suspender o "Concurso de Coplas", que tódolos anos se celebraba para os nenos e para os mallores. 

     O follón que armóu foi mallúsculo e logróu o que naide hasta agora había conseguido no noso Porriño, ou sea, facer dos carnavales: o dela  eo do pobo. Pero os porriñeses sabían moi ben quen tiña a razón e con que tiñan que ir...; e inda que houbo dous desfiles con dous itinerarios diferentes (o dela e o do pobo) a xente arropóu totalmente o "carnaval sonoro", mentras que no "oficial" somente iba ela e algúns mais. 

     E si o sábado e o martes a xente estaba co entroido do pobo, o día do enterro da sardiña aquilo foi apoteósico, pois todos   os porriñeses, (incluso persoas que non acostumbran asistir os carnavales) formaron unha larga cola detrás da sardiña, resultando   ser o enterro mais numeroso dos últimos anos... 

     O carteliño que levo na man dí: "Como Concejala de Cultura ordeno que para el próximo año no habrá premios ni a las  coplas, ni a las comparsas, ni a los disfraces, ni a la originalidad, ni al testamento. Solo habrá premios para los obedientes, los sumisos y los pelotilleros". Sin mais comentarios...

 

 

 

ANO 2002

ORQUESTA PAJATU

     Falar dos carnavales do Porriño e non mencionar a Orquesta Pajatú, e un pecado mortal por omisión. Eles coa súa música e coas suas cancións, son os verdadeiros animadores do  Entroido porriñés.

     Teñen dous CDs editados, o primeiro no ano 2001 e o segundo neste ano.  Cancións como "Tu chejaste de Santiajo", "O apajón", "Eu son rebelde" (cunha solista tamén bastante rebelde), "Viaxar a Mallorca", "Na ferjoneta de Sano", "Que chiquitas" "Titanic" (cunha escenificación con barco e todo), "A praza da Central", etc. etc., xa se cantan en calquer encontro do entroido e en calquera tasca do Porriño. No primeiro CD teñen un "Poema", que e toda unha delicia escoitalo, pois fai todo un recorrido polo Porriño e por algúns dos seus persoaxes...

     Pero agora xa non teñen tanto arte e tanta gracia como antes.  A venta dos CDs estalle dando  moi bos dividendos, (xa cotizan en bolsa e xa teñen vestuario con chaquetitas de platino) e  miran mais para os euros que para os carnavales. Dicen que van vendere a ferjoneta de Sano e mercar un monovolumen descapotable...  

     ¡Carallo pa "Pajatú"!

 

 

ANO 2002

ENTERRO DA SARDIÑA

     Foi apoteósico o Enterro da Sardiña deste ano. A señora Concellala de Cultura quixo separar os porriñeses e saliulle o tiro pola culata, e fixo que o pobo e as comparsas se uniran como nunca; e resultóu  co enterro deste ano foi un dos mais numerosos que se recordan.

     Na fotografía aparecen as Autoridades que presidiron o enterro:  Mili Leirós, Comendante do posto da Garda Civil do Porriño; Raul Francés, representante da ONCE (o das gafas, claro); Joaquín Diz, Delejado del Jobierno na provincia de Pontevedra; e Kati Carrera, Capitán do Destacamento de Tráfico do Porriño.

 

 

ANO 2002

CARTA PUBLICADA NO FARO DE VIGO SOBRE ESTE ENTROIDO

Creo que non son necesarios mais comentarios...

 

ANO 2002

CARNAVAL DE VERANO

 

Foi unha experiencia moi bonita celebrar o Entroido do mes de Xullo deste ano, pero referido os anos 60. Tiña a ventaxa de que, como facía calore, podías ir lixeiro de roupa. 

Nunha foto aparezco co uniforme dos "Alumnos del Colegio de Los Jesuitas de Vigo" naquel ano; e na outra cun bañador (moi decente, por certo) do que lucían as mulleres naquela época. O desfile que fixemos po las calles do Porriño foi de verdadero escándalo...

 

 

O MELLOR DISFRACE DE CUQUIN

¡¡¡O HOME INVISIBLE!!!

 

 

Isto tense que ollar con moita atención:

     Na foto da esquerda estóu disfrazado cun traxe de baño, o que puxen no Carnaval do Verán.

     Na foto da dereita estóu disfrazado de home invisible (non, non mires, pois o home invisible non o pode ver naide).  Fíxate ben ca foto está feita no mismo sitio: míranse a columna, o tiesto, as flores, etc. Agora ben, si colles unha lupa ou un microscopio e fixaste ben, notarás algo así como un entorno... un sombreado... unha presencia física... algo que lle quita luz a fotografía e ponna mais escura...; ¡iso demostra que eu estóu ahí, non o dudes nin por un momento!.

     Pra conseguir este disfraz tiven que desnudarme de todo, descalzarme e tamén despoxarme de todo adorno, pois calquera cousa que non fora a miña propia imaxen, saldría na foto. Por iso tiven que quitar a cadea do pescozo, a medalla da Virxen da Franqueira, a alianza de casado, o anillo cun brillante, o reloxo de ouro de 18 kilates, as lentillas, unha cadeniña que tiña no tobillo, un  piercing que levaba no ombligo, a dentadura postiza, e hasta un tatuaxe que tiña pintado no cu.

     Pero valéu a pena... ¡que carallo!     

 

 

ANO 2002

MOURO RECLAMANDO "PEREJIL ES NUESTRO"

 

 

 

 

     Esta coña por Praia América púdome costar caro. Moita xente (menos os do Porriño, claro) tomáronme en serio, insultáronme e casi me pegan...  Logo apareceron dos gardas municipais e preguntáronme que estaba facendo. Expliqueille que era unha broma que facía todolos anos. Logo preguntáronme si era mouro, eu boteime a reir edíxenlles que era do Porriño. Entón a xente empezóu a meterse cos gardas para que me deixaran seguir, pero eles picáronse e pedironme cos acompañara. Eu, co letreiño na man, seguinnos e tratei de molestalos decíndolles que estaban metendo a pata, quisto era unha broma, que me deixaran seguir...pero eles non me fixeron caso e chamaron o Axuntamento para que viñera o Xefe. Estiven "semidetenido" case vinte minutos e pedinlles que me detuveran, que me leeran os meus dereitos e que me levaran para a cadea (iso era o que eu quería, pra ver si o día seguinte salía no Faro). Pero non me fixeron caso... Mais tarde aparecéu o coche da poli, coa sirena a todo trapo e, o baixar o Cabo e mirarme soltóu unha carcaxada, pois conocíame de facía moito tempo, e díxolles os gardas: "Pero que facedes, oh. Si este e un tio do Porriño que fai estas parbadas todos los anos..." 

     Nestas fotos aparezco con xente que, a pesare de ser casi un presidiario, aprécianme moito, tales como Emilio Diz, Mariluz Fernández e Juan, meu fotógrafo oficial de Praia América, onde ten un "chiringuito".

     ¡Graciñas, amiguiños...!     

 

ANO 2002

PAPA NOEL

Papá Noel cunha nena do Porriño que ten cara de asustada... Sempre pasa iso, e non e porque Papá Noel sea feo, senón po las barbas...

 

 

 

VOLVER A LA PAGINA DE INICIO

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1