ANO 2001

VACA LOCA -HOME PARVO

     ¿Algunha vez pediches prestada unha vaca?

     Pois ese era o meu  problema, porque a vaca, despóis de moitas pesquisas, xa estaba localizada...  Era a vaca de Laura, e inda que eu conocíana de vista (a Laura, claro, porque da vaca nin puñetera idea), non tiña suficiente amistad como para pedirlle unha vaca.

     Pero bueno -penséi pra min- dirame que non, pero non me vai matar por pedirlle a vaca. Entón  fun a casa de Laura. Andaba por alí, pola a finca, e chameina desde o portal. Acercouse e cando me conoceu díxome:

-Hola Cuquín, como tí por aquí.

-E que che veño a pedir un favor -dixen eu coa voz entrecortada po los nervios.

-Ti dirás -contestóu Laura con naturalidade.

-E que e un favor moi especial -non me atrevía a decirllo de repente.

-Ai home, si está nas miñáns mans...

-E que non me atrevo, porque o mellor pareche mal -as palabras salíanme roncas, como dunha bisagra oxidada.

-A ver Cuquín, dime o que queres -Laura xa empezaba a  impacientarse.

-Mira Laura -empecei a decir eu sin saber que mais decirlle- ti sabes que eu por Carnavales sempre quito disfraces raros.

-Ai si, unha vez foches nun tractor  e outra nunha caixa de difuntos, pero a ver ¿que queres?

-Laura, préstame a vaca...

     A carcajada que soltóu Laura deume a entender ca vaca xa estaba prestada...

     E como eu nunca anduvera cunha vaca, tiven que ir toda a semana para que nos coñeceramos e colleramos confianza, pois a vaca tiña uns cornos que metían respeto... 

     Esta foto saliu na prensa e no pe pon "Joaquín Diz, incombustible por los "siglos de los siglos..." 

 

       

       O malo destha historia foi que no desfile,  frente o Axuntamento, Moncho empezóu a gritar po los altavoces que ahí chegaba Cuquín coa vaca loca. A vaca, con tanto ruido, asutóuse e empezóu a tirar po la corda, e arrastroume hasta o puesto de "Pili dos caramelos". Eu aguantei, pois non podía soltar a vaca e presentarme ante Laura sin ela. Pero a condenada seguía tirando e eu notaba que ibame arrancar o brazo. En fín, que de resultas diso, o día seguinte tiven que ir a Caldelas, a xunto Manolo, que despóis do acostumbrado masaxe e cobrarme 1.200 pelas, deume un consexo:   "Xoquín, po ano en vez de levar unha vaca, leva unha cabra que ten menos forza... "  

     En fín a xente pasouno ben e esmendrellouse de risa.

     Que eu sepa eche a primeira vez que no Entroido alguien saca una vaca a paseo.

     Pero en fín, tendo en conta ca vaca estaba loca, e o home parvo, todo se comprende... 

 

 

ANO 2001

A NENA DO PATINETE

     Foi un pouco arriesgado a miña edade coller un patinmete, pero domineino ben e as tres da mañán inda andaba frente o Liceum dando voltas de arriba para abaixo.

     Tamén leveino a Salceda e po lo camiño da Feira para abaixo iba estupendamente, pero cando había que subir xa era outra cosa.

 

 

ANO 2001

ENTERRO DA SARDIÑA

     Saliume un "ligue" e tiven que acompañalo durante todo o enterro. Pero portóuse ben e non estorbou...

 

 

ANO 2001

NENA DO PATIN EN PRAIA AMERICA

    

 

 

 

 Como sempre, o segundo domingo de Agosto tocóu pase por Praia América, e comprobéi o difícil que e andar en patín pola arena da praia.

 

Isto non e un disfraz de carnaval nin tampouco e un atracador dun banco; e que como este Decembro está facendo tanto frío no Porriño, non teño mais remedio que sair a facer footig cun pasamontañas, para protexer a miña napia da xelada.

 

 

ANO 2001

PAPA NOEL

 

Papá Noel, sempre disposto a colaborar, prestoulle a sñua axuda a Asociación dos Comerciantes do Porriño para entragar uns xoguetes.

 

 

 

 

VOLVER A LA PAGINA DE INICIO

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1